Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario DX0017/1
Clasificación Genérica Vidro; Elementos domésticos
Objeto/Documento Cunca
Tipología/Estado Grupo D de cuncas helenísticas de PRICE (1981, 67-86), variante hemisféricos.
Materia/Soporte Vidro Azul (Pantone 542 c) [Translúcido, non homoxéneo, presenta inclusións gaseosas tipo burbullas redondeadas de 0.5 mm de diámetro, dalgunhas das cales parten inclusións vítreas tipo fío. Tamén presenta algunha inclusión opaca a base de minúsculos puntos negros.]
Técnica Fundido en molde [Fundido en molde e logo pulido a torno no interior e en parte superior do bordo; neste caso tanto polo interior coma polo exterior.]
Dimensiones Grosor máximo = 0,35 cm; Altura = 5,90 cm; Diámetro base = 7 cm; Diámetro boca = 12,60 cm; Grosor mínimo = 0,15 cm
Fragmento: Altura = 3,10 cm
Descripción Cunca ápoda de tradición helenística ou linear cut bowl, de corpo hemisférico, reconstruída a partir dun fragmento correspondente ao bordo e á zona superior do corpo. Caracterízase por ter un bordo recto e engrosado, un corpo que se vai adelgazando cara á zona media e dúas zonas de acanaladuras internas, paralelas ao bordo, unha baixo o labio e outra dobre na zona media. Presenta tamén un coidado acabado mediante pulimento a torno en todo o interior da peza e na zona exterior do bordo.
Datación 1=33 (Primeiro terzo do século I d. C.)
Contexto Cultural/Estilo Alto Imperio Romano
Lugar de Producción/Ceca Italia (Europa)
Siria (Asia)
Uso/función Servizo de mesa
Lugar de Procedencia San Tomé (Tras do Hospital)
Lugar Específico/Yacimiento Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé
Clasificación Razonada É unha peza de luxo, moi común no ámbito Mediterráneo, representativa dos primeiros recipientes de vidro presentes na Galicia romana, sendo a súa posible procedencia Italia ou a costa Sirio - Palestina (Tell Anafa, Anticythère...). Asociados a cuncas de costelas tanto de cor verde coma azuladas, datables dende mediados do século I d. de C. á época flavia; a un cántaro característico do período Claudio-Nerón, do cal un dos fragmentos apareceu, á súa vez, asociado a unha moeda de Tiberio; e finalmente a outro fragmento de cunca ápodo helenístico incoloro. Malia que aparecen exemplares en contextos de Claudio e da época flavia, o final da fabricación de pezas se sitúa en época de Augusto, polo que a súa cronoloxía máis común coincide cos anos finais do século I. a de C. e primeiros anos do século I d. de C.; e nese sentido cabe destacar, tamén, por unha parte como no recolledor de lixo de Pasaxe Cobos (Tarragona) datado entre o 35-55 d. de C. non documéntase xa a súa presenza, e por outra, e tendo en conta a súa proximidade xeográfica, o contexto estratigráfico pre-flavio do fragmento de Monte Mozinho.
Bibliografía PRICE, J. Roman glass in Spain. 1981. University of Wales.Tesis doctoral microfilmada.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X; XUSTO RODRÍGUEZ, M. Aproximación al conocimiento del vidrio romano en el conjunto arqueológico de Santomé (Santomé, Tibiás, Ourense). Boletín Auriense. Ourense (l): 1994, XXIV.p. 48, fig. 2.

VV.AA.. Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural. Ourense (l): Museo Arqueolóxico de Ourense. Xunta de Galicia, 2019. p. 122, nº149.

XUSTO RODRÍGUEZ, M. O vidro romano no Noroeste peninsular como documento histórico: unha proposta descriptiva. Boletín Auriense. Ourense (l): 1998, XXVIIp. 52, lám. II.

XUSTO RODRÍGUEZ, M. El vidrio romano en la Galicia Antigua: la colección de vidrio antiguo del Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Universidade de Santiago de Compostela, 1995. fig. 5, nº 1; Tese de doutoramento.

XUSTO RODRÍGUEZ, M. O vidro provincial galaicorromano. Vigo (m): 2001. Universidade de Vigo, Servicio de Publicacións.
Catalogación Xusto Rodríguez, Manuel
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6