Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE004158
Clasificación Genérica Epigrafía
Objeto/Documento Ara
Materia/Soporte Granito
Técnica Labrado
Dimensiones Anchura = 43 cm; Altura = 83,80 cm; Grosor = 41 cm; Peso = 350 Kg
Descripción Ara romana reaproveitada para o culto cristián cun dado delimitado por unha cornixa de faixas lisas e estreitas a modo de filete decrecente e dobre moldura; estes mesmos motivos repítense na súa base, pero en menor número. Posiblemente a súa cara superior fora alisada xa que faltan os característicos rolos e o seu fóculo aparece agrandado e cun rebaixe inicial ao redor.
A cara A do dado, amosa unha sinxela inscrición, que, iniciada por unha cruz grega, desenvólvese en cinco liñas. Éste mesmo texto repítese fraccionándose entre as caras C e D; na primeira delas atópase a fórmula dedicatoria que comeza por unha cruz asturiana con astil, o resto do epígrafe ocupa a cara D. Nestes casos a inscrición é máis coidada empregando para elo a técnica de plano refundido con resultado de grandes e baquetoneadas letras en semi-relevo; as liñas á súa vez enmárcanse por medio de cartelas. A cara B, máis estreita, está lisa.
Inscripciones/Leyendas Cara A, Labrado
+IN / DINNE / ANAL / SVM / ONOREM (Desarrollo: (cruz griega) IN / D(e)I N(omi)NE / ANAL / SVM / (h)ONOREM
Traducción: Nosotros, los cristianos de aquí, dedicamos en el nombre de Dios, a Analso, en su honor, la consagración de esta ara)
Cara B, Labrado
* IN / DINNE (Desarrollo: (cruz griega) IN / D(e)I N(omi)NE
Traducción: Nosotros, los cristianos de aquí, dedicamos en el nombre de Dios)
Cara C, Labrado
ANAL / SVM / ONOREM (Desarrollo: ANAL / SVM / (h)ONOREM
Traducción: a Analso, en su honor, la consagración de esta ara)
Datación 801=900
Contexto Cultural/Estilo Prerrománico
Imperio Romano
Uso/función Cultual
Lugar de Procedencia Suatorre
Lugar Específico/Yacimiento Casa particular
Historia del Objeto Apareceu no faiado, soportando unha viga do teito dunha casa situada en Suatorre de Ambía, a 1.500 m de Santa Eufemia de Ambía. A casa era, naquel tempo, propiedade de Ramón García e Manuela Garrido.

EXPOSICIÓNS:
Ano 2004: Ata o Confín do Mundo. Diálogos entre Santiago e o mar. Museo do Mar, Vigo (do 28 de xullo ao 3 de outubro de 2004)
Ano 2005: Camiño de Paz. Mane Nobiscvm Domine. Catedral-Basílica de San Martiño de Ourense. (Do 15 de Xuño de 2005 ao 1 de Novembro de 2005). Solicitude de obras de Miguel Ángel González García, comisario, coa finalidade de promocionar o Ano eucarístico promovido polo bispado de Ourense e a Consellería de Cultura.
Ano 2007: Rudesindus.Santiago.La cultura europea del siglo X. Sala de exposicións da Universidade de Santiago de Compostela: igrexa da Universidade (Do 6 de xullo de 2007 ao 26 de agosto de 2007), a petición de S.A de Xestión do Plan Xacobeo, Santiago de Compostela.
Clasificación Razonada Se seguimos a Vives, a inscrición mostra un evidente primitivismo ao non mencionar en concreto aos santos aos que pertence a aos que está adicada, teríamos así que situala cronolóxicamente entre finais do século VI e principios do VII; ésto podería axeitarse para o epígrafe da cara A, non así para a inscrición das caras C e D, e seguindo a Rivas, inclinámonos a pensar que, tanto polo seu tipo de labra, coma pola cruz asturiana e os paralelismos cos epígrafes da cercana Santa Eufemia de Ambía, temos que datala nos primeiros anos do século IX
Bibliografía CABALLERO ZOREDA, L; SÁNCHEZ SANTOS, J. Reutilización de material romano en edificios de culto cristiano. Antigüedad y Cristianismo. 1990, VII. pp. 431-486.

RIVAS FERNÁNDEZ, J. C; RIVAS QUINTAS, E. El ara romana de Suatorre de Ambía (Orense) y sus inscripciones altomedievales. Boletín Auriense. Ourense (l): 1988-1989, pp. 119-132; XVIII-XIX.

RIVAS FERNÁNDEZ, J. C; RIVAS QUINTAS, E. El ara romana de Suatorre de Ambía (Orense) y sus inscripciones. Antigüedad y Cristianismo. 1990, VII. pp. 567-580.

RIVAS QUINTAS, E. Influxos precristiáns na arte. Porta da Aira. Ourense (l): 1994-1995, nº 6.pp. 207-267.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Aquae Flaviae. I. Fontes epigráficas da Gallaecia meridional interior. Chaves: 1997. pp. 197-198; Cámara Municipal de Chaves.

VEIGA ROMERO, A. M. Ara romana cristianizada de Ambía. In Tempore Sueborum. El tiempo de los Suevos en la Gallaecia (411-585). El primer reino medieval de Occidente. Catálogo de Exposición. Deputación Provincial de Ourense, 2017. p. 173.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 1989
Catalogación Veiga Romero, Ana María
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6