Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario DX0147
Clasificación Genérica Cerámica; Mundo funerario
Objeto/Documento Urna
Materia/Soporte Arxila [Textura compacta-fina, desgraxantes de grao medio-fino (0,1-0,6 cm.) de cuarzo, mica, feldespato e posible chamota (de aspecto compacto pero brando). A análise mineralóxica e química mostran coherencia coa contorna litolóxica graníticoalcalina local.]
Técnica Modelado por rolos [Rolos bastante grosos (ata 0,3 cm. na zona da carena). As gretas da superficie poderían indicar un moldeado defectuoso]
Alisado [No fondo da peza]
Cocción oxidante [A pasta amosa variedades tonais marrón clara/alaranxada moi irregular e 2/3 nervios que, xunto cos tons das superficies, alaranxadas e marróns claras (como na parte inferior da peza), indicarían unha cocción oxidante moi irregular e despreocupada]
Aplicacións de mamilos [Sitúanse entre os dous cordóns inferiores, dispóñense aliñados (cada 0,35 cm.) e cunha morfoloxía subcircular (diám. 0,30 cm. e sobresaen 0,6 cm. das paredes). Podería tratarse dun elemento decorativo ou accesorio]
Aplicacións de cordóns [Os cordóns documéntanse colocados de xeito paralelo e na parte superior do perfil, un deles no propio beizo, e os outros dous delimitando horizontalmente o espazo do colo]
Brunido [Nas superficies interior/exterior amosa un brunido medio que é menos aplicado na parte inferior]
Dimensiones Altura = 44 cm; Diámetro base = 16,10 cm; Diámetro boca = 28 cm; Capacidade = 19,50 l; Anchura máxima = 32 cm
Descripción Recipiente aberto de paredes grosas, perfil composto bitroncónico e con maior diámetro na carena, que se reduce cara o bordo e o fondo. A base é plana pero co pé lixeiramente indicado, e un rebordo perimétrico redondeado. O galbo e o ombro son sinuosos e cónicos -aberta e pechada, respectivamente- e únense a través da carena -horizontal e lixeiramente marcada-, para conferirlle a devandita forma bitroncocónica. O colo presenta unha parte moi pequena do perfil e unha suave morfoloxía cóncava. O bordo é lixeiramente exvasado e un pouco engrosado na parte exterior pola presenza dun cordón, está acabado nun beizo plano. Con respecto á pasta, esta presenta unha textura compacta-fina, homoxénea, con desgraxantes de tamaño medio e variedades tonais marrón clara e alaranxada. As superficies interior/exterior son semirugosa/semilisa, respectivamente, e amosan un brunido medio, un fondo alisado, e concrecións de carbón postdeposicionais na parte inferior do perfil e a partir da liña de carena. Os tons das superficies son claros (alaranxados e marróns)
A decoración concéntrase na parte do ombro-colo da peza e componse duns cordóns en relevo (3) e mamilos (12 visibles) de morfoloxía subcircular. Os cordóns documéntanse parellos, un no beizo e os outros dous delimitando horizontalmente o espazo do colo, entre os que se acoutan uns mamilos aliñados.
Datación 2300[ac]=2001[ac]
Contexto Cultural/Estilo Vasilla: Idade do Bronce [Bronce Inicial e pleno desenvolvemento do campaniforme en Galicia]
Campaniforme [A peza pertencería á tipoloxía cerámica das comunidades campaniformes en Galicia. En concreto á categoría morfolóxica de Cerámica Decorada Non-Campaniforme de Tendencia Estilística 3 (Prieto, Mª.P)]
Uso/función Funeraria/cremación, recipiente
Fechas Referencia 2335[ac][ca]-2039[ac][ca]; 3778[BP]
Lugar de Procedencia Figueiroa (Cameixa)
Lugar Específico/Yacimiento Fosa de Cameixa / Quintá
Clasificación Razonada A urna cineraria foi descuberta durante as actuacións arqueolóxicas da contorna do Castro de Cameixa (Boborás, Ourense) no interior dunha foxa escavada na rocha/xabre e identificada como deposición orixinal selada. Esta peza gardaba -entre outros restos- unha man de muíño e unha capa de carbóns. Os sedimentos de carbóns proporcionaron a datación absoluta do contexto de deposición da urna, calculada a finais do III milenio a.C. (2335-2039 a.C.), o que a sitúa nun Bronce Inicial/Pleno coincidente co desenvolvemento da Cerámica de tipo Campaniforme en Galicia. A análise pormenorizada amosou materias primas locais e temas decorativos con parellos próximos, na área ourensá e no norte de Portugal, como son Tapado da Caldeira, Corvilho, A Pedrosa, Meixedo, Mámoa da Serra, Mámoa da Terrranha e cista de Lombo de Coimbró. Non obstante, os equivalentes morfolóxicos e sincrónicos só se rexistran en pezas da orla atlántica continental -entre a costa belga e a bretona-, tendo esta urna como exemplo puntual dun hipotético fluxo cultural atlántico, que tería a Galicia como zona de tránsito cara o Norte portugués.
Bibliografía La Arqueología en la Gasificación de Galicia 5: Corrección de Impacto del ramal Pontevedra-Ourense. En: AMADO REINO, X; MARTÍNEZ LÓPEZ, Mª del C; SANTOS ESTÉVEZ, M. Nº ed. 1ª. 7. Santiago de Compostela (m): 1998. p. 23; Grupo de investigación en Arqueología del Paisaje. Universidade de Santiago de Compostela.

PARCERO OUBIÑA, C. Documentación de un Entorno Castreño:
Trabajos Arqueológicos en el Área de Cameixa, Ourense.
Nº ed. 1ª. Santiago de Compostela (m): Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais (USC), 12/1997. pp. 6-14 (Fig. 18,19); TAPA, 1.

PRIETO MARTÍNEZ, Mª P. La urna de Cameixa ¿una influencia del Horizonte Hilversum?. Las Comunidades Campaniformes en Galicia. Cambios sociales en el III y II milenios BC en el NW de la Península Ibérica. Pontevedra (m): Diputación de Pontevedra, 2011. pp. 128-130 (Fig. 2-3).

PRIETO MARTÍNEZ, Mª P. La alfarería de las comunidades campaniformes en Galicia: contextos, cronologías y estilo. Pontevedra (m): Deputación Provincial de Pontevedra, 2011. p. 357; Fig. 9 (p. 358); Las Comunidades Campaniformes en Galicia. Cambios sociales en el III y II milenios BC en el NW de la Península Ibérica.

PRIETO MARTÍNEZ, Mª P; COBAS FERNÁNDEZ, I. Introducción a la Cerámica Prehistórica y Protohistórica en Galicia. Santiago de Compostela (m): Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais (USC), 12/1999. p. 37 (Diap. 34); TAPA, 17.

PRIETO MARTÍNEZ, Mª P; LANTES SUÁREZ, Óscar; MARTÍNEZ CORTIZAS, Antonio Manuel. Dos enterramientos de la Edad del Bronce de la Provincia de Ourense. Chaves: Grupo Cultural Aqvae FLaviae, 12/2009. pp. 95-100 (Fig. 2); pp. 102-103Revista Aqua Flaviae.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6