Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 3827
Clasificación Genérica 03.Ebanistería; 03.OFICIOS
Objeto/Documento serra mecánica
Nombre Específico serra de cinta
Autor/a Fundición Malingre (act. 1850[ca]-1979)
Conjunto serra de cinta
Materia/Soporte ferro [Madeira nas guías e goma nas correas.]
Técnica produción industrial
Dimensiones Alto = 240 cm; Ancho = 90 cm; Profundidade = 154 cm
Descripción Máquina que consta de dous volantes dispostos un sobre o outro no mesmo plano vertical, sustentados por unha estrutura de altura suficiente, do tipo colo de cisne. Nun plano intermedio sitúase unha mesa regulable, con ocos laterais, que permiten fixar un soporte-guía en caso necesario (na actualidade esta peza preséntase no lado dereito).
A máquina amosa en diferentes puntos tres pezas de madeira acanaladas (guías), unha delas no nivel inferior.
Exentos, e asociados coa serra, aparecen unha serie de elementos que pasamos a citar:
- un motor eléctrico.
- 4 correas de transmisión.
- unha chave de porcas fixa.
- unha folla de serra sen fin denominada cinta.
Firmas/Marcas/Etiquetas Sobre o brazo da serra
MANUEL MALINGRE FUNDICIONES ORENSE
Sobre unha das correas
PIRELLI B62 OLEOSTATIC ilexible
Sobre o motor
g.e.e (General Eléctrica Española)
Sobre placa suxeita ó motor
GENERAL ELECTRICA / ESPAÑOLA / MOTOR ASINCRONICO UNELEC / Aisl. cl. E / Tipo G118W/4 / Fases 3 / Nº Fabr. 50D1172 / 5CV / 3,7 Kw / FM 1420r/m 50 H2 / V220 380V / A 13,9 8A / Licencia UNELEC Francia F.F /
Datación 1926=1975
Lugar de Producción/Ceca Ourense (m) (Ourense (comarca), Ourense (p))
Uso/función Máquina moi versátil, que permite serrar pezas de madeira de diferentes tamaños e grosores, podendo practicarse cortes rectos, curvos e en ángulo.
O motor eléctrico e o volante inferior presentan un eixo con 4 canles, nos que se acoplan as correas de distribución. A través das correas transmítese a enerxía do motor ó volante inferior, sendo o volante superior arrastrado pola cinta.
As tres guías de madeira conteñen as presións e os desprazamentos laterais ós que se ve sometido a cinta.
Coa serra en movemento, o operario, de pé, non ten mais que deslizar a peza sobre a mesa orientando a madeira segundo as súas necesidades.
Cando se queren realizar cortes rectos, sobre táboas de dimensións considerables, ou ben, cando se quere producir unha cantidade alta de pezas rectas de iguais dimensións, adoita empregarse a guía lateral. A guía lateral (móbil e regulable) dirixe o corte facilitando as labores que anteriormente citamos.
Como se enunciou nun principio, a serra ofrece a posibilidade de cortar en ángulo ou inglete. A transición entre o pé dereito da base e a mesa realízase sobre un mecanismo semicircular. A mesa bascula sobre este mecanismo, regulándose o movemento por medio dunha porca, que se acciona coa chave fixa asociada coa máquina. A oscilación da mesa propicia, evidentemente, os cortes en ángulo.
Lugar de Procedencia Chapela (San Fausto)
Historia del Objeto Como clasificación xenérica empregamos o termo ebanistería. O ofertante, fillo do propietario, insiste en que a fabricación de mobles era a actividade fundamental no taller do seu pai, o que nos leva a optar por o antecitado termo.
Cómpre subliñar que este (en activo dende 1936 e ate 1992), desenvolveu parte da súa actividade na comarca do Ribeiro (trasládase a Vigo nos anos 60 do século XX). Como a meirande parte dos carpinteiros de taller ou de armar da zona, adicouse esporádica e temporalmente a realizar ou reparar pezas ligadas coa viticultura e a vinicultura, debido á grande demanda existente.
Catalogada como serra de cinta coñécese tamén co nome de serra sen fin.
Clasificación Razonada Catalogada como serra de cinta coñécese tamén co nome de serra sen fin.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 15/01/2010
Catalogación Castro Carballal, Victor Manuel
| más imágenes |
 

Foto: Santi M. Amil

Foto: Santi M. Amil

Foto: Santi M. Amil

Foto: Santi M. Amil

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6