Descripción |
Fragmento dunha estatua de guerreiro, da que só se conserva o torso, algo mutilado e cortado xusto por baixo do cinto.
Ten as características iconográficas de tódalas estatuas de guerreiros galaicos: figura ergueita cos brazos pegados ao corpo, aínda que o esquerdo está mutilado xusto por debaixo dos brazaletes; a man dereita, ao mesmo tempo que sostén unha espada de folla ancha e alongada, de tipo "parazolium" repousa no escudo. Leva unha coiraza, da que teñen desaparecido os bicos superiores; aínda que moi difuminada, vese unha liña vertical que corre polo centro do peito e, sobre todo, polas costas. A camisa remata nos brazos a media manga, por riba dos brazaletes ou "viria", que están formados por tres ou catro toros, segundo sexa o brazo esquerdo ou o dereito. O cinto está formado por dous baquetóns ou toros lisos paralelos, e non se manifestan restos de presillas de suxeición.
O escudo ou "caetra", redondo, está completamente liso, sen sinais de inscrición ou decoración e seu umbo destaca lixeiramente. Por detrás das costas non se sabe como remataría, pois na parte da cintura ten unha profunda abrasión, aínda que poida respostar a mesma a un periodo recente.
|
Bibliografía |
Acuña Castroviejo, F. Panorama de la cultura castrexa en el NO de la Península Ibérica. Bracara Augusta. 1977, 71-72pp. 235-253; Braga. ACUÑA CASTROVIEJO, F; CALO LOURIDO, F. Cultura Castrexa. Gran Enciclopedia Gallega. 8. pp. 97-106. ARIAS VILAS, F. A romanización de Galicia. Vigo (m): A Nosa Terra, 1992. CALO LOURIDO, F. Arte Castrexa: escultura e decoración arquitectónicas. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1993-1994, XLI. pp. 75-110. Disponible en: <http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/167/280> Consulta: 02/02/2017. CALO LOURIDO, F. Arte, decoración, simbolismo e outros elementos da cultura material castrexa. Estudos de Cultura Castrexa e de Historia Antiga de Galicia. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 1983. pp. 159-185. Disponible en: <http://hdl.handle.net/10347/8788> CALO LOURIDO, F. Artes plásticas, cultos e ideoloxía na Galicia castrexa. Galicia castrexa e romana. Galicia Terra Única. Santiago de Compostela: 1997, pp. 92-99. CALO LOURIDO, F. Torso de Armea. Galicia no Tempo. Catálogo da exposición. Santiago de Compostela: 1991. pp. 106-107. CALO LOURIDO, F. A cultura castrexa. Vigo (m): A Nosa Terra, 1993. pp. 137-151; Historia de Galicia, nº 3. CALO LOURIDO, F. A plástica da cultura castrexa galego-portuguesa. Coruña (A) (l): Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1994. p. 96, nº 1. CALO LOURIDO, F. Das orixes á romanización. 1991. pp. 83-91; Galicia no Tempo. Catálogo da exposición, Santiago de Compostela. CARDOZO, M. Breves consideraçoes sobre a escultura primitiva de Lusitania. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1973, pp. 154-160; XXVIII. CEGARRA, B. Guía da arte de Galicia. Vigo (m): Editorial Galaxia, 1992. p. 74. CHAMOSO LAMAS, M. Santa Mariña de Augas Santas. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1955, X. pp. 41-89. CONDE SÁNCHEZ, M. Guerreiro da Cibdá de Armea, Allariz. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 05/1999. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_1999_05_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017. CONDE-VALVÍS FERNÁNDEZ, F. La Cibdá de Armeá. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. Ourense (l): 1950, VI. pp. 27-98. FARIÑA BUSTO, F. El Museo Provincial de Orense. 1978. pp. 82-103; Orense, II, Diputación Provincial. FARIÑA BUSTO, F; CALO LOURIDO, F; ACUÑA FERNÁNDEZ, P. Escultura Castrexa. Gran Enciclopedia Gallega. 10. pp. 115-135. FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, S. Un guerrero galaico en la parroquia de Borreiros (Gondomar), el segundo hallado en la provincia de Pontevedra. Breves notas sobre los guerreros galaicos y sus orígenes. Actas del XXII C.N.A. Vigo (m): 1995. pp. 179-183. GARCÍA MARTÍNEZ, M. C. Armea. Gran Enciclopedia Gallega, 2. GARCÍA MARTÍNEZ, M. C. Prehistoria. 1988. pp. 13-62; Enciclopedia Temática de Galicia, Editorial Nauta, Barcelona. HIDALGO CUÑARRO, J. M; COSTAS GOBERNA, F. El Noroeste peninsular en la Edad de Hierro. Revista de Arqueología. nº 14pp. 8-13. IGLESIAS ARMADA, Mª del P. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Na procura da historia. 1997. Orientación didáctica - guía escolar, Vigo. LENEZ-DE-WILDE, M. Archäologische Zeugnisse Keltischer Kultur auf der Pyrenäenhalbinse. 1991. cat. nº 972, lam. 237; Iberia Céltica I / II. LÓPEZ CUEVILLAS, F. Esculturas zoomorfas y antropomorfas de la cultura de los castros. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1951, pp. 177-203; VI. LÓPEZ CUEVILLAS, F. La civilización céltica en Galicia. Madrid: Ed. Istmo, 1989. LÓPEZ CUEVILLAS, F. Prehistoria. 1973. pp. 447-455; Historia de Galicia (dir. por Otero Pedrayo), vol. III, Buenos Aires. LÓPEZ MONTEAGUDO, G. Relaciones entre la cultura de los verracos y la cultura castreña. Trabajos de Prehistoria. 1986, 43. pp. 211-226. ORERO GRANDAL, L. O torso do guerreiro de Santa Ádega (Reádegos) e cabeza de Anllo (San Cristobo de Cea). Boletín Auriense. Ourense (l): 1986, XVI. pp. 91-105. RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Historia da arte romana de Galicia. 1993. Arte Prehistórica e romana. Galicia Arte, IX, Hércules, A Coruña. SANTOS ESTÉVEZ, M; PÉREZ PAREDES, C. Aportacións sobre a estatuaria de guerreiros galaicos a raíz da aparición de dúas novas estatuas en Melgaço e Quintela. Revista de Ciencias Históricas. Porto (I): 1989, IV. pp. 51-64. TABOADA CHIVITE, J. Escultura celto-romana. 1965. Cuadernos de Arte Gallego, nº 3, Editorial Castrelos, Vigo. VÁZQUEZ VARELA, J. M. Cultura castreña. Historia del Arte gallego. Madrid: Editorial Alhambra, 1982. pp. 36-50. VÁZQUEZ VARELA, J. M. Arte prehistórica. 1993. Arte prehistórica e romana, Galicia Arte, IX, Hércules, A Coruña. VV.AA.. Cántabros, astures y galaicos. Bimilenario de la conquista del Norte de Hispania. Madrid: Ministerio de Cultura, 1981. pp. 33-34. VV.AA.. Galicia castrexa e romana. Galicia Terra Única. 1997. pp. 317-322; Santiago de Compostela. VV.AA.. La guerra en la Antigüedad. Una aproximación al origen de los ejércitos en Hispania. Madrid: Ministerio de Defensa, 1997. VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 66-69; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
|