Descripción |
Fotografía en branco e negro dunha vista urbana. Na imaxe, aos lados dunha rúa empedrada, dispóñense diferentes arquitecturas de tipo doméstico de dúas ou tres alturas. A planta baixa está percorrida aos dous lados por soportais abertos á rúa cunha arcada de arcos de medio punto sobre columnas. No centro aparecen tres nenos xogando, un de costas , outro que observa a este e un terceiro mirando á cámara. No plano de fondo, baixo un arco, intúese a outro personaxe: unha nena con vestido claro. A imaxe está tomada na praza García Boente.
|