Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE002647
Clasificación Genérica Heráldica
Objeto/Documento Escudo
Tipología/Estado de armas
Materia/Soporte Granito
Dimensiones Altura = 80 cm; Anchura = 72 cm; Grosor = 31,50 cm; Peso = 400 Kg
Descripción Bloque de granito de grandes dimensións que presenta nunha das súas caras, nun relevo ben coidado e de grande calidade, as armas da Cidade de Ourense: león rampante, coroado, á esquerda, coa cabeza virada á dereita, empuñando unha espada, e a lenda unha fita en xefe. Ao pé, fora do escudo pero no mesmo perpiaño, a data.
Labra moi coidada, como se advirte no elegante deseño do escudo, na execución técnica e formal do traballo e da representación heráldica, na súa disposición e formas. A figura ocupa plenamente o campo, destácanse a lingua, garras, melena e cola do león, a coroa e mesmo a espada.
Inscripciones/Leyendas Ao pé, fora do escudo, español
ANO - 1585.
Na fita, español
POR EL REI (POLO REI)
Datación 1585
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Procedencia Ourense (l)
Lugar Específico/Yacimiento Antigo matadoiro
Clasificación Razonada En 1122, dona Teresa outorgáballe o señorío da cidade ao bispo don Diego Velasco. Pouco despois, en 1131, Afonso VII dálle novos privilexios e auméntalle o couto. Os veciños do "auriensem burgum" creceron e pronto rexeitaron esa situación xa que o Concello estaba suxeito ao señorío episcopal. O concello pretendeu estar só sometido ao Rei, negando a autoridade do bispo. Nalgúns momentos obtiveron o recoñecemento real.
As testemuñas da existencia dun selo do concello coas súas armas son xa de 1259, pero as primeiras evidencias dun selo do Concello son xa do século XV, concretamente de 1447, e mostra un león pasante á dereita, que empuña a espada, ao redor unha lenda co lema CIBDADE : ORENSE TIMES DEUM :. E esa mesma situación da que nos fala o documento de 1259 axúdanos a entender as figuras heráldicas do selo e tamén, aínda que non se coñeza a imaxe do máis antigo, fainos supor que sería moi semellante ao do século XV: o león é o rei, son as propias armas reais, as que el mesmo concede ao longo do século XII a algunhas cidades do seu reino e que outras adoptan ao longo dos séculos seguintes, as que reclama a cidade de Ourense ao querer ser reguengo; a espada é a xustiza e a soberanía, a representación abstracta e alegórica da rectitude de xuízo e autoridade propia. As demandas do Concello, deixar o señorío do bispo e pasar ao reguengo e ter capacidade para administrar xustiza e exercer a propia soberanía na cidade, son as mesmas no século XV que nos mediados do século XIII, e as alternativas, as liortas e as avinzas entre o bispo e o concello serán a constante durante tres séculos.A lenda que rodea ao motivo central do selo no século XV, expresa a mesma realidade, a cidade é temerosa de Deus, pero de ninguén máis, de ningún home. A substitución da lenda exterior polo lema incorporado no escudo: POR EL REI, está na mesma liña, pero máis apegada a realidade cotiá. O reguengo conseguirase no 1624.
Esa representación consolidada mudou co tempo, primeiro con modificacións liviáns, como exemplifican as mostras labradas do escudo e, sobre todo, os cuños dos selos concellis ata os comezos do século XIX en que se incorporan outros elementos. Probablemente as novas circunstancias deste momento histórico e as ideas de certos grupos encontraron na definición dunhas novas armerías, no tempo da constitución dos "Ayuntamientos" en 1833, no marco das novas divisións administrativas, a ocasión de expresar outros sentimentos, sen desbotar totalmente a imaxe tradicional. Así se incorporan outros referentes cívicos, como a Ponte, en principio de cinco arcos, logo reducidos a tres, e unha torre. Finalmente, en datas máis recentes se promoveu a súa simplicación lineal e transformación nun "logo" máis acorde coas actuais tendencias da imaxe corporativa, que ten nas armerías históricas a súa mellor e máis doada representación.
Bibliografía FARIÑA BUSTO, F. Escudo de Ourense. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 05/2008. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2008_05_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A. Alicerces. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX. Ourense (l): Xunta de Galicia, 2016. p. 21.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 20/04/1945
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6