Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-900
Clasificación Genérica Artes plásticas; Estampación
Objeto/Documento Gravado
Autor/a Bloemaert, Cornelius [Utrecht. 1623 - Roma. 1680.]
Título Santos venerando á Virxe
Materia/Soporte Tinta de impresión
Papel de impresión
Técnica Gravado ao burel
Dimensiones Altura = 38 cm; Anchura = 28,50 cm
Descripción Nun altar de traza clásica e baixo un dosel aparece a imaxe da Virxe sostendo ó Neno Xesús sobre un pedestal de escaleiras. Á dereita aparece san
Sebastián coas frechas do seu martirio nas súas mans. Á esquerda, san Roque de Montpellier con esclavina e sombreiro co atributo da cuncha, sostendo un bordón e apoiando a súa perna esquerda sobre un dos chanzos do altar. Debaixo desta escena aparece unha inscrición aludindo ás súas haxiografías e á intercesión da Virxe. Nunha liña inferior aparecen constatados os autores. O privilexio foi concedido en Roma.
Iconografia Imaxe. Á dereita da Virxe.: San Roque;
Imaxe. Á esquerda da Virxe.: San Sebastián;
Coas frechas do seu martirio nas súas mans e apoiando a súa perna dereita sobre un dos chanzos do altar.
Inscripciones/Leyendas ROCCHE, peregrino ceù semper pingeris ore, / Sic per te semper pestis eat peregre`. / Dextra favet PVERI GENITRICE iuvante : saluti / Si satis alterutra est, utraq´ quid faciet ? / Mille tuum corpus petierunt tela, SEBASTES: / Vna a`te iugulat missa Sagitta luem. / Federicus Barotijus Vrbinas inuentor. / Cornelius Bloemaert Vltrajectinus sculpsit Romae Superiorum licentia, / Cum privil: S.C.M.tis et Regis Christ.mi / Io. Iacobus de Rubeìs formìs Romae ad Templum S.Mª. de Pace.
Datación 1601=1700
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca DESCOÑECIDO.borrar (ELIMINARES)
Uso/función Devocional.
Clasificación Razonada O interese desta estampa reside en varios feitos. O principal é a aparición de san Roque nun contexto iconográfico distinto ós máis comúns no que aparece con can e co anxo. Por outra parte, sublíñase a protección da Virxe sobre os peregrinos en xeral a través da figura de san Roque. Tamén é interesante a utilización xa nesta época da cuncha como símbolo xenérico da peregrinación, portándoa deste xeito tamén os peregrinos que ían tanto a Roma como a Xerusalén. Por último, obteríase outra representación iconográfica distinta de san Sebastián, patrón dos acibecheiros, diferente á máis tradicional do seu martirio.
Gravador: Cornelius Blomaert. Fillo de Abraham Bloemaert. Antes de establecerse definitivamente en Roma
traballou en Paris en 1630 e fixo os coñecidos gravados "Temple des muses". A súa técnica recoñécese pola riqueza de matices e a suavidade das transicións. Mestre da Escola de arte de Natalis y Rousselet, as súas obras máis salientables son: "A Santa Familia", "A Adoración dos Pastores" e "Meleagro".
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 07/04/2008
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6