Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000302
Clasificación Genérica Armamento; Metais
Objeto/Documento Bombarda
Materia/Soporte Ferro
Técnica Forxado
Dimensiones Lonxitude = 62,80 cm; Diámetro boca = 8 cm; Diámetro exterior = 11 cm; Diámetro máximo = 18 cm
Descripción Este servidor de bombarda procede dunha das antigas fortalezas da provincia. O servidor está pechado nun dos seus laterais, ten dous aneis de reforzo ou zunchos conservando tan só as liñas de ruptura dos dous orificios destinados a acoller ás argolas de suxeición.
Datación 1451=1525
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Uso/función Armamento ofensivo / Artillería
Lugar de Procedencia Ourense (p)
Lugar Específico/Yacimiento Fortaleza
Historia del Objeto EXPOSICIÓNS:
Ano 2006: Os Capítulos da Hermandade. Peregrinación e Conflito Social na Galicia do século XV, Sala Uxío Novoneyra, Lugo e Capela do Pilar da Catedral de Lugo (28 de xullo-28 de outubro de 2006) . Comisario: Ignacio Rodríguez Eguíbar en representación de S.A de Xestión do Plan Xacobeo. Exposición promovida pola Consellería de Innovación e Industria. Dirección Xeral de Turismo, S.A de Xestión do Plan Xacobeo.
Clasificación Razonada A bombarda e unha peza de artillería, de gran calibre, disparaban proxectís esféricos de pedra ou bolaños, de ferro forxado, prototipo dos primeiros tempos da artillería "mesmo esta primeira época se ven coñecendo como da Artillería do Ferro Forxado", que recibía este nome en Aragón seguindo o dado en Italia e Francia mentres que en Castela coñecíanse xeralmente como lombardas, ou mais popularmente como tronos polo espanto que causaba o estrondo producido polo disparo.
Os primeiros exemplares de artillería de ferro forxado presentaban una estrutura bipartita. Tiñan dúas partes independentes: unha anterior chamada cana, trompa ou tomba, onde era cargado o proxectil e por onde discorría ao ser disparado e outra posterior denominada recámara ou servidor na que se introducía a carga de pólvora e de menor calibre ou "ánima" e lonxitude que a cana.
O servidor está pechado nun dos seus laterais e tanto o servidor como a cana coñecían un proceso de fabricación similar a base de duelas e aneis: o mestre ferreiro dispuña de mandrís ou cilindros de madeira cuxa lonxitude correspondía coa prevista para a cana e o servidor respectivamente e sobre ditos mandrís, en disposición paralela a el, forxábanse os corpos principais das dúas pezas a base de longas e estreitas pranchas de ferro. Cubrindo as pranchas o ferreiro dispuña logo desde o comezo da peza e ata o final e un tras o outro, aneis incandescentes de ferro axustados ao corpo das láminas, de xeito que estas mantíñanse aínda máis firmemente unidas entre si cando os aneis se encollían progresivamente ao arrefriar. A peza experimentaba así unha compresión que lle permitía logo soportar a explosión da pólvora contida na recámara e para asegurala aínda máis recorríase a superpoñerlle outros aros ou aneis de ferro forxado de reforzo tamén conformados en quente "e polo tanto de novo ben axustados ao corpo ao arrefriar", algúns deles dotados de orificios para as argolas que facilitaban o manexo da peza.
A recámara ou servidor aparece atravesada por un orificio chamado oído ou fogón polo que se lle daba lume á carga "introducindo por el un ferro candente curvado no seu extremo", e a zona, contigua á culata, onde se realizaba a combustión da pólvora, por ser a máis crítica da peza, vese claramente reforzada con paredes mais grosas. Era tamén común que cada cana contara con dúas recámaras tanto para facilitar a carga como por razóns de reserva pois a cotío acontecía o rebentón deste tipo de pezas o que convertía á práctica artilleira nunha tarefa altamente arriscada: dicíase que a artillería de ferro mataba aos de dentro e espantaba aos de fora.
Bibliografía COMISIÓN DE MONUMENTOS DE ORENSE. Noticias. 1905. p. 360; Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, II, nº 44.

XUSTO RODRÍGUEZ, M. Servidor de bombarda. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 02/2007. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2007_02_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 1905
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6