Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-936
Clasificación Genérica Contención
Objeto/Documento Cantimplora
Autor/a Real Fábrica de Louza de Alcora [Alcora? A posibilidade dunha manufactura alcoreña, aínda que proposta, é bastante improbable sobre todo pola expresión pictórica dos motivos decorativos. Podería ser quizais dalgunha outra manufactura levantina da mesma época.]
Materia/Soporte Louza
Esmalte
Técnica Moldeado
Esmaltado
Dimensiones Ancho máximo = 17 cm; Altura = 16,50 cm; Longo = 9 cm
Descripción Recipiente feito a molde en dúas partes con forma de cuncha que posteriormente se unen perimetralmente. Louza vidrada en branco brillante e decorada a man con protuberancias alternas semellando as costelas que dan forma a unha cuncha de vieira e expansións na parte superior a xeito das características orellas deste tipo de bivalvo. Os espazos intercostais decóranse con liñas amarelas con puntos verdes e liñas moradas horizontais alternan con pequenos puntos e motivos en morado. Presenta dúas perforacións no parte superior do recipiente, coincidindo coa expansión das orella, para introducir algún tipo de cordón e levar pendurando, obedecendo ao característico tipo de cantimplora ou "pilgrim flask", tan relacionado, dende sempre, coa figura do camiñante, do viaxeiro e do peregrino que lle dá o seu nome. Polos desportillados do borde podemos apreciar que a pasta ten certa tonalidade rosada. A cantimplora posúe no seu interior unha pedriña que tería como función a de manter fresca a auga do recipiente.
Iconografia Vieira
Datación 1676=1725
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: - Pilgrimage and faith: Buddhism, Christianity and Islam. Rubin Museum of Art. Nova York, do 1 de xullo ao 26 de outubro de 2011.
Clasificación Razonada A vieira converteuse no distintivo dos peregrinos a Santiago e símbolo da peregrinación xacobea. Os peregrinos a súa chegada á cidade de Santiago recibían unha vieira que levaban de volta á súa lugar de orixe, servindo de pasaporte ou salvoconduto e enterrándose mesmo con ela como é o caso da conservada neste museo, procedente dunha tumba habilitada no lugar que ocupa hoxe a nave lateral norte da Catedral compostelá, dispóndose sobre os restos dunha persoa identificada deste xeito como peregrino. Nesta peza únese a simboloxía da vieira e a da cantimplora como elemento case imprescindible na indumentaria do peregrino, aínda que case sempre en forma de cabaza. A auga ou as racións de viño sobrantes que ofrecían en algunha das institucións hospitalarias do Camiño de Santiago, era conservada e transportada polo peregrino nestes recipientes para poder satisfacer unha das necesidades primordiais dos camiñantes. Aínda que os recordos da peregrinación a Santiago foron variando e aumentando a súa diversidade co tempo, e que os máis abondosos foron os realizados en acibeche, tamén se facían noutros materiais menos custosos. Estes obxectos, que teñen como función lembrar a quen os posúe a súa peregrinación a Santiago, non se producían unicamente na cidade compostelá. Aínda que a fabricación local era o máis frecuente, recorríase con moita frecuencia a encargar producións exteriores como pode ser o caso das pezas de louza de Pickman ou os medallóns coa imaxe de Santiago Matamouros realizados en Filipinas ou Terra Santa.
A vieira debido a súa simboloxía foi empregada como motivo decorativo de diversas pezas dende as súas orixes ata os recordos (souvenirs) que se poden mercar nas tendas dos arredores da Catedral na actualidade. O museo conta con diversidade de pezas decoradas con vieiras como os azulexos sevillanos do século XVI ou o sagrario de Triacastela tamén do século XVI entre outros múltiples obxectos de diferente natureza que constitúen os fondos museográficos que custodia este centro.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 24/11/2008
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6