Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-811
Clasificación Genérica Material arqueolóxico; Xoiería
Objeto/Documento Torques
Materia/Soporte Ouro
Técnica Fundición [Fundido, puído e soldado]
Dimensiones Eixo menor = 11,70 cm
Aro: Eixo maior = 12,70 cm
Descripción Torques de ouro de haste ríxida, maciza e lisa de sección circular que se engrosa no centro e nos extremos. Conserva restos de soldadura nas dúas partes terminais para a unión cos remates dos que soamente se conserva un. Presenta unha marca incisa na parte central. Ofrece algunha raspadura e unha lixeira deformación.
O remate conservado está solto e é periforme coa apertura na base para embutir na haste e asegurar mediante soldadura. Ofrece o ápice romo a unha fina perforación lateral ao xeito de moitos remates desta forma.
Datación 400[ac]=1[ac]
Contexto Cultural/Estilo Cultura castrexa
Lugar de Producción/Ceca Galicia (España, Europa do Sur)
Uso/función Ornamental
Lugar de Procedencia Bardaos (Santa María, Tordoia)
Lugar Específico/Yacimiento Castro de A Croa en Bardaos
Clasificación Razonada Este torques foi atopado casualmente no castro da Croa, ao parecer cando se efectuaban labores agrícolas. Curiosamente nese mesmo xacemento fora atopado polo mesmo achador una anos antes outro torques que foi depositado pola administración autonómica no Museo Provincial de Lugo. É poisible que con anterioridade xa aparecesen outros colares tamén de ouro.
A tipoloxía responde ao morfotipo C1a definido por Pérez Outeiriño (1990) por dispor de remate periforme (C) e haste de sección circular (1) e indivisa (a).
(Pérez Outeiriño, B., "Achega tipolóxica para o estudio dos torques aureos do NW.", Gallaecia, 12, 139-151).
Bibliografía ARMADA, Xosé Lois; GARCÍA VUELTA, Óscar. Plano-convex ingots and precious metalwork in northwestern Iberia during the Late Iron Age and early Roman period: an analytical approach. Archaeological and Anthropological Sciences.
Forma de Ingreso Depósito por achado casual
Fecha de Ingreso 08/09/2006
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6