Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 4028
Clasificación Genérica 01.Pesca fluvial; 03.Cestería
Objeto/Documento cesto
Tipología/Estado cesto das troitas
Materia/Soporte madeira [Madeira [Vimbio]. Sistema de peche metálico e correa de fibra téxtil.]
Técnica produción artesanal
Dimensiones Longo = 14 cm; Alto = 16,50 cm; Ancho = 28 cm
Descripción Contedor lixeiramente curvo, pechado por tapadeira articulable interrompida por unha cavidade cuadrangular. Na parte superior da cara interna, presenta dous ocos espazados, polos que se pasa unha correa téxtil.
Uso/función Acoller as capturas que se van producindo ó longo da xornada de pesca e o bote co cebo empregado. Cínguese ao pescozo por medio da correa, adaptándose o perfil cóncavo á cintura ou costas do portador. Os exemplares de menor talla métense directamente pola abertura superior, sen necesidade de abrir o cesto. Para conservar as troitas frescas deposítase no interior materia vexetal húmida, sendo moi frecuente recorrer ós brizos. Complemento indispensable do troiteiro, podía substituírse polo «gancho» ou «galla», que é unha póla de arbusto bifurcada cunha das ramas de menor tamaño. As troitas vanse inserindo na rama de maior tamaño a través da boca e as galadas, actuando a outra rama de tope. Deste xeito quedan prendidas do gancho, facilitando o seu transporte.
Os contedores de madeira deron paso ós de plástico. No entanto, este elemento goza dunha considerable saúde, manténdose na actualidade.
Lugar de Procedencia Chave de Carballo
Catalogación Castro Carballal, Victor Manuel
| más imágenes |
 

Foto: Santi M. Amil

Foto: Santi M. Amil

Foto: Santi M. Amil

Foto: Santi M. Amil

Foto: Santi M. Amil

Foto: Santi M. Amil

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6