Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 269
Clasificación Genérica Escultura; Obxectos devocionais; Artes plásticas
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Anónimo
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Madeira
Técnica Talla
Policromado
Dimensiones Profundidade = 25 cm; Alto máx = 79 cm; Ancho máx = 29 cm
Descripción Escultura representando ao apóstolo Santiago o Maior con atributos de peregrino. Sobre unha peaña de base rectangular aparece estante a figura do Apóstolo vestido con roupa talar de cor cincento que se axusta cun cinto con lazada e se decora con elementos fitomorfos en ouro, cor que tamén decora o rodo, o cinto, o escote e os puños das mangas desta prenda. Sobre ela unha esclavina en negro con ribeteado dourado e decorada con dúas vieiras sobre bordonciños cruzados pola parte do peito e outras dúas na traseira, todas elas tamén en dourado. Colgado en bandoleira dunha correa pola súa dereita, a xeito de escarcela, porta unha caixa de tapa de configuración paralelepipédica. Os pés aparecen calzados con botas de cor negra, a xogo tamén coa cor do sombreiro de aba ancha que se ribetea en dourado e luce outra vieira sobre bordonciños cruzados igualmente en dourado O cabelo, bastante curto, e a barba teñen un tratamento naturalista aínda que dentro dunha marcada simetría que contribúe a proporcionar á faciana unha expresión de serenidade. A man dereita en alto terma dun longo bordón rematado en pomo e del colga unha cabaza, todo iso tamén en dourado, mentres que coa man esquerda terma do libro con pastas vermellas que suxeita, pechado, contra o corpo. A parte traseira ten o mesmo tratamento que o resta da escultura.
Iconografia Santiago Peregrino; Vieira; Bordón; Bordóns cruzados; Cabaza
Datación 1801=1900
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca España (Europa do Sur, Europa)
Uso/función Devocional
Lugar de Procedencia Ciudad-Rodrigo
Clasificación Razonada Este tipo iconográfico conta cunha gran aceptación en Galicia e difúndese fóra das súas fronteiras. Recollendo experiencias anteriores, parece formalizarse na escultura en granito que realizaría Pedro del Campo en 1694 para a Porta Santa da basílica compostelá e que serviría de prototipo a moitos escultores e simples artesáns da cidade e tamén de fóra dela.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6