Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE005246/66
Clasificación Genérica Cerámica
Objeto/Documento Dolium
Materia/Soporte Arxila
Técnica Modelado por rolos
Dimensiones Altura = 75 cm; Diámetro base = 29 cm; Diámetro boca = 26,70 cm; Diámetro máximo = 80 cm; Grosor máximo = 4,80 cm
Dolium: Capacidade = 212 l
Descripción Recipiente de corpo globular e base plana de reducidas dimensións.Ten un bordo de sección triangular con rebordo (para asento dunha tapadeira ou opercula, hoxe perdida). Próximas ao bordo presenta dúas asas afrontadas, de sección bilobulada ao exterior e plana ao interior. A pasta é de cor avermellada con abundante desgraxante de cuarzo branco, recuberta ao exterior por unha fina capa de engobe brillante de cor alaranxada, que se mantén principalmente na metade inferior.
A súa capacidade calculouse entre 207 e 212 litros, uns 23 modius.
Datación 251=425 (Segunda metade do século III - Comezos do século V d. C.)
Contexto Cultural/Estilo Tardorromano
Galaico-romano
Uso/función Almacenaxe e transporte de produtos agrícolas sólidos e líquidos
Lugar de Procedencia San Tomé (Tras do Hospital)
Lugar Específico/Yacimiento Conxunto arqueolóxico-natural de Santomé
Clasificación Razonada Os dolia eran recipientes destinados tanto para almacenaxe como para o transporte de produtos, sobre todo viño ( dolium vianarium), como demostra a súa aparición en diferentes pecios. Ademais tamén se gardaba trigo, aceite ( dolium olearium), peras e uvas, ou alimentos en salmoira. Tamén se utilizaban para a cría e ceba do leirón, considerado un manxar para os romanos. O máis habitual é atopalos enterrados para evitar o contacto do aire e axudar a manter a súa estabilidade.
Este que nos ocupa dá a impresión que nunca estivo soterrado, dada a dispersión dos fragmentos. Apareceu nunha estancia con acceso independente ó exterior, silo de cachotería e piso de terra apisoada, o que confirma que esta construción funcionaba como almacén en relación coa produción agrícola-gandeira.
Este tipo de recipiente pon de manifesto unha nova concepción económica, con novos métodos de explotación agrícola, que son introducidos no NW da peninsular coa chegada dos romanos, e que levan parella unha nova ocupación do territorio, con novos tipos de asentamentos.
Bibliografía PERALTA BEJARANO, I; RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Dolium. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 10/2001. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2001_10_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé. Guía Arqueolóxica. Ourense (l): Grupo Marcelo Macías. Museo Arqueolóxico Provincial, 2000. p. 63.

VV.AA.. Santomé. Conxunto Arqueolóxico Natural. Ourense (l): Museo Arqueolóxico de Ourense. Xunta de Galicia, 2019. p. 91, nº 73.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6