Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE003487
Clasificación Genérica Metais
Objeto/Documento Falera
Título Falera de San Millán
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición
Dimensiones Altura = 9,80 cm; Grosor = 0,50 cm; Lonxitude = 9,40 cm; Peso = 211,89 gr
Cabeza: Diámetro = 60,32 mm
Descripción Placa cuadrangular con catro argolas circulares nos ángulos, unidas entre si mediante catro pares de arquiños en forma de ferradura que servían para as correas. Na parte central o disco toma forma antropomorfa, mostrando mascarón feminino de trazos esquemáticos en ríxida disposición frontal, cun peiteado de grandes ondas lonxitudinais e tocado por un veo que segue a moda do século III ou posterior.
Datación 301=400
Contexto Cultural/Estilo Baixo Imperio Romano
Uso/función Indumentaria persoal ou da montura/ condecoración militar
Lugar de Procedencia San Millao
Lugar Específico/Yacimiento Castro de San Millán / A Cidá do Castro
Clasificación Razonada O termo "phalera", de orixe grega, foi usado polos romanos para designar cousas diferentes aínda que vinculadas entre sí, en tanto en canto serve para definir obxectos metálicos ornamentais relacionados co exército. Trátase pois dun vocábulo polivalente, que fai referencia ao disco metálico decorado con diferentes motivos e ornamentacións iconográficas, do que se poden sintetizar dúas funcións básicas. Unha delas formando parte das gornicións dos cabalos, ben como simples obxectos decorativos pendendo das gornicións, ou servindo como pezas de unión das correas que forman os arreos. Outra das súas funcións era a de servir como condecoracións militares. Tampouco debemos esquecer que o nome tamén se lle aplicou a unha xoia feminina, que por levarse colgada do pescozo, recordaba o aspecto das "phalerae".
En concreto, a utilidade da peza que nos ocupa parece estar relacionada co complexo mundo das condecoracións militares, "dona militaria".
As "phalerae" aparecen mencionadas en moitas inscricións e decorando monumentos funerarios, xunto a outras condecoracións como as coroas e os brazaletes. Sen embargo, aínda que non foi posible determinar con exactitude o rango que ocupaban entre o resto das condecoracións, nin en qué circunstancias concretas se concedían, parece admitido que lles eran outorgadas aos simples soldados e a outros militares ata o grao de centurión. Certas representacións relivarias, como é o caso do monumento funerario de Rubiera, permítennos coñecer como se levaban as "phalerae" na vestimenta militar.
Bibliografía BARATTA, Giulia. Primo approccio ad un gruppo di falere ispaniche. Conimbriga. Coimbra: Universidade de Coimbra, 2009, 48, 189-209. p. 199, Nr.5, Est. XII, Fig. 5.

LÓPEZ CUEVILLAS, F; TABOADA CHIVITE, J. Un oppidum de la tribu de los Bibalos. Archivo Español de Arqueología. Madrid: 1955, nº 91pp.86-88, fig. 14; XXVIII.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, X. Phalera. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 10/2000. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2000_10_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

VV.AA.. Los bronces romanos en España. Catálogo de la exposición. Madrid: Ministerio de Cultura, 1990. p. 202.

VV.AA.. Unha escolma de escultura. 2006. pp. 99-101; Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Xunta de Galicia, Ourense.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6