Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-635
Clasificación Genérica Documentos e publicacións
Objeto/Documento Documento
Título Transcrición do nomeamento como cabaleiro e fillodalgo a D. Gonzalo de Hellín e ó seu irmán Juan del Castillo
Materia/Soporte Pergameo
Técnica Iluminación
Manuscrito
Dimensiones Alto máx = 30,50 cm2; Longo = 22 cm2; Grosor = 1,50 cm2
Descripción Formato e características formais: Tamaño folio menor. Composto de 10 follas en pergamiño, máis os restos dunha folla tamén en pergamiño correspondente á antiga encadernación. As follas aparecen numeradas. Destaca nesta obra a miniatura que aparece ao comezo: unha interesante representación a toda páxina de Santiago Matamouros, enmarcada por unha orla vexetal. Nesta imaxe vemos a Santiago, espada en ristre, trotando co seu cabalo branco sobre os corpos de dous sarracenos tumbados no chan. A escea destaca polas súas vivas cores, aínda cando a intensidade destas están notablemente perdidas debido ao deterioro que sufriu o documento ao longo dos anos. Despois deste inicio dáse comezo ao texto en si, presentando a primeira páxina correspondente ao texto unha ancha orla vexetal na que predominan as cores vermella, verde, azul e amarela. Aparecen destacadas as primeiras palabras "Enla", sendo o "E" de grandes dimensións en dourado sobre fondo azul e o resto de menores dimensións tamén en dourado sobre fondo grana. O resto do texto nesta páxina preséntase en tinta negra, con caixa de escritura tamén en tinta negra (24 liñas neste caso).
O resto do documento non presenta a profusión decorativa inicial: escrito en tinta negra sobre caixa de escritura (variable ao longo do documento, entre 20 e 32 liñas) tamén en tinta negra (aínda que un pouco máis clara). Tan só se destacan algunhas frases en tinta vermella e algunhas iniciais que aparecen resaltadas en tamaño e cunha sinxela decoración vexetal, ademáis do tratamento dado ao nome do Rei, que aparece en grandes letras douradas sobre fondo azul (reverso da folla IV).
Iconografia Santiago Matamouros
Datación 1454-1614 (Data orixinal da concesión: 1454. Data da transcrición do documento: Iníciase o 28 de novembro de 1614 e remátase o 20 de febreiro de 1615)
Lugar de Producción/Ceca Huesca (Aragón, España)
Uso/función Procedimento oficial de otorgamiento de título dunha orde relixioso militar, neste caso, da Orde de Santiago.
Clasificación Razonada Transcrición do título de nomeamento como cabaleiro e fillodalgo polo rei Juan II de Castela, concedido en Medina del Campo en 1454 a D. Gonzalo de Hellín e ao seu irmán Juan del Castillo, veciños de Hellín, a pedimento do su descendente Juan del Castillo Soriano, de Huesca, en 1614.

Iconografía:
Representación de Santiago Matamouros. O fundamento iconolóxico das imaxes ligadas á iconografía de Santiago Matamouros áchase nas narracións de orixe medieval que rememoran a relación sobrenatural do Apóstolo coa reconquista e de forma máis directa coa batalla de Clavixo, orixe das historias de aparicións posteriores. A tenor deste relato (que aparece no Privilegio de los Votos, redactado polo coengo Pedro Marcio na última década do século XII) iríase configurando unha imaxe especial de Santiago nos séculos posteriores que, sen abandonar de todo os seus atributos de apóstolo e peregrino, subraiaría o seu aspecto guerreiro, dando lugar ás iconografías de Santiago cabaleiro e Santiago Matamouros respectivamente. Nos séculos baixomedievais esta iconografía comezou a desenvolverse lentamente e a convivir coa de Santiago Peregrino así como cos ciclos adicados a narrar a historia do Apóstolo, moito máis escasos, para acadar o seu punto álxido ao longo do século XVI. A expansión deste modelo iconográfico débese á difusión propiciada pola imprenta e, por outra parte, a iconografía de Santiago Matamouros exemplifica o ideal cabaleiresco nunha época histórica na que a novela de cabalería expresa o recordo nostálxico e a añoranza dun mundo pasado. Santiago como miles christi, tal e como se titula no tumbo B da catedral compostelana, sería o referente moral para todos aqueles vinculados á guerra, á cabaleiría, a unha situación social definida pola nobreza ou a fidalguía e, como non, á orde militar de Santiago da Espada. A longa e consolidada relación entre o estamento nobiliario e guerreiro e o Apóstolo refréndase ao longo do século XVI mediante a actividade xudicial e notarial: a iconografía de Santiago Matamouros preside moitas cartas de executoria de fidalguía nas que a limpeza de sangue era unha cuestión fundamental.

Cronoloxía: Data orixinal da concesión: 1454. Data da transcrición do documento: Iníciase o 28 de novembro de 1614 e remátase o 20 de febreiro de 1615.

Bibliografía:
LÁZARO DAMAS, María Soledad, "Una iconografía de frontera: Santiago Matamoros en el privilegio de Pegalajar". Sumuntán, nº 15 (2001), pp. 51-58. Disponible en línea: <http://www.cismamagina.es/pdf/15-03.pdf>; <http://www.cismamagina.es/sumuntan.htm>, [consulta: 22/01/2013]
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 06/06/2003
Catalogación Porto Ruza, Ana
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6