Museo |
Museo Arqueológico Provincial de Ourense
|
Inventario |
CE004450
|
Clasificación Genérica |
Pratería; Elementos domésticos
|
Objeto/Documento |
Mancerina
|
Autor/a |
Real Fábrica de Pratería de Martínez
|
Materia/Soporte |
Prata
|
Técnica |
Fundición
|
Dimensiones |
Salvilla: Anchura = 12 cm; Lonxitude = 22 cm Varandiña: Altura = 3,50 cm; Diámetro boca = 9 cm
|
Descripción |
"Salvilla" de tipo rectangular e perfil ondulado, coas beiras elevadas e decoradas por sinxelos motivos calados que debuxan unha palmeta nos lados curtos, formando as asas. O borde presenta un cordón sogueado. O campo é liso e mostra no centro unha pequena varanda o abrazadeira formada por sete follas de acanto inscritas en formas lanceoladas, que se curvan cara a fóra. No reverso figuran os punzóns que a identifican como peza madrileña de 1845 saída da Real Fábrica de Pratería: castelo e escudo coroado co oso e o érbedo, ámbolos dous sobre a cifra 45 - contrastes oficiais da Corte e Vila de Madrid respectivamente-, e punzón dentro dun selo bilobulado, marca correspondente a Fábrica de Martínez.
|
Iconografia |
No pocillo: Motivos vexetais; No centro con remate de sete follas de acanto inscritas en pétalos, curvadas cara a fóra
|
Firmas/Marcas/Etiquetas |
No reverso, Gravado z / M (dentro dun selo bilobulado) [Castelo e escudo coroado con oso e érbedo, ámbolos dous sobre a cifra 45.]
|
Datación |
1845
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea [Os punzóns identifícana como peza madrileña de 1845 saída da Real Fábrica de Pratería, e as marcas correspondentes a Fábrica de Martínez. Esta importante fábrica non estaba xa nas mans do seu fundador, o ourive aragonés Antonio Martínez Barrio, senón do seu xenro, D. Pablo Cabrero y Cosculluela, que perfecionará o método de producción industrial inaugurado coa fábrica, en 1778, e quen dirixirá a empresa no momento de maior expansión e difusión da súa pratería industrial.]
|
Lugar de Producción/Ceca |
Madrid (España, Europa)
|
Uso/función |
Doméstico. Funcional e contenedor
|
Clasificación Razonada |
Segundo Cruz Valdovinos, o tipo de mancerina caracterizado pola "salvilla" rectangular, asas laterais e pequena varanda baixa con motivos vexetais naturalistas foi o que se impuxo na corte de Isabel II substituíndo ao dominante baixo Fenando VII, de prato circular e varandiña alta calada con cenefas de motivos neoclásicos. Este autor apunta que malia non terse determinado a orixe destas mancerinas, é posible que fosen unha tipoloxía creada pola Real Fábrica da que se coñecen algúns exemplares como un do Museo Municipal de Madrid, datado en 1836, e da que se crearon variantes como as das mancerinas de dúas varandiñas, para o pocillo de chocolate, a maior, para termar do vaso de auga que acompañaba. Este novo tipo comeza a afastarse da estética neoclásica imposta desde os comezos da Fábrica par a achegarse xa a sensibilidade romántica, cos seus motivos vexetais e naturalistas.
|
Bibliografía |
CRUZ VALDOVINOS, J. Catálogo de la Platería. Madrid: 1982. Museo Arqueológico Nacional. LORENZO RUMBAO, B. Mancerina. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 09/2007. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2007_09_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
|
Catalogación |
Lorenzo Rumbao, Belén
|