Descripción |
Nos anos vinte do século pasado, un grupo de mulleres novas, algunhas mesmo nenas, retrátanse na praza da súa vila tras ter rematado un curso de máquina de coser. A costura ten sido unha materia importante na formación das mulleres en determinados segmentos sociais. Precisamente os inicios da comercialización da máquina de coser foron acompañados de accións formativas que, á par de publicitar o produto, permitiron a moitas mulleres acadar destrezas úteis para a economía familiar ou mesmo para instalarse pola súa conta como costureiras.
|
Derechos de explotación |
Cedidos á Xunta de Galicia os dereitos de explotación, xestión, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación para calquera país, modalidade, soporte, formato e medio, incluídos audiovisuais, informáticos, multimedia, telemáticos, etc.
|