Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-563
Clasificación Genérica Documentos de representación gráfica; Artes plásticas
Objeto/Documento Debuxo
Autor/a Vázquez Díaz, Francisco (Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela, 07/09/1898 - Lugar de defunción: Puerto Rico, 21/02/1988) (Compostela)
Título Sin nombre
Conjunto Debuxos de Francisco Vázquez Díaz sobre a cidade de Santiago de Compostela
Materia/Soporte Papel
Técnica Plumilla
Coloreado a lápis
Dimensiones Longo = 21,80 cm; Altura = 16,30 cm
Descripción Dous grupos de persoas co fondo de arcada do Pazo de Raxoy na compostelá Praza do Obradoiro. No grupo da dereita aparecen en primeira fila dous personaxes con funda de traballo termando un deles dunha mangueira e dirixindo o chorro de auga cara o outro grupo que parecen protestar. Detrás dos traballadores tres homes uniformados identificables como axentes da orde pública e ás súas costas outros dous que parecen observar os acontecementos. O segundo grupo constituído por mulleres, rapazes e algún home que protesta, parecen iniciar a fuxida por mor das medidas disuasorias postas en práctica pra disolver a concentración. Medio agochados detrás dun pilar tres rapaces fan burlas dos manifestantes.
O debuxo aparece co título: "Sin nombre", indicativo da maneira de poñer fin ao altercado. Presenta tamén data e sinatura.
Iconografia Escena de xénero
Inscripciones/Leyendas No ángulo inferior dereito
Sin nombre / 30 de Mayo 1936 / Compostela 1936 [No ángulo inferior dereito: Sin nombre / 30 de Mayo 1936 / Compostela 1936 ]
Datación 30/05/1936 (´30 de Mayo de 1936´ (datado no ángulo inferior dereito xunto á sinatura e o título))
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Documental. Cara a amosar e deixar constancia duns feitos ocorridos nos anos dos debuxos, 1935-1936. Foron feitos co fin de reflectir o ambiente social e político da cidade de Santiago entre os anos 1935-1936 con escenas e actos característicos da cidade e acontecementos salientables deses anos.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos. Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002 ó 9 de febreiro de 2003.
Clasificación Razonada A colección dos 26 debuxos de pequeno formato coa súa carpeta (Inventaro D-563 a D-589) que Francisco Vázquez Díaz realizou entre 1935 e 1936 recolle escenas, tradicións, personaxes e ambientes típicos da cidade neses anos e supón un documento de interese para o coñecemento dunha parte importante da memoria recente de Compostela. Realizados a plumilla, e coloreados a lapis, con rasgos a veces caricaturescos, reproduce o artista aspectos da sociedade reinante naqueles momentos na cidade, dende os seus representantes, incluso por veces identificables, ata os anónimos paseantes que contribuían a outurgar a imaxe cotiá das rúas e prazas. En todos estes debuxos figura algún pequeno texto alusivo ao tema ou escena representada así como a palabra "Compostela" precedendo á data que era a súa sinatura artística . Como se indicou, todos eles comprenden un periodo que vai entre 1935 e 1936, figurando en varios mesmo o propio día no que foi realizado.
Segundo información facilitada por Isaac Díaz Pardo para este debuxo concreto, tratábase dunha concentración, maioritariamente feminina, que tivo lugar para protestar pola supresión do crucifixo nas escolas. Tal feito parece que non tivo repercusión na prensa local, pero o propia Isaac era un dos que estaba debaixo dos arcos do Pazo de Raxoy facendo burlas das persoas que protestaban contra o alcalde Anxo Casal, por outra banda gran amigo da familia.
Bibliografía 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos: [exposición] Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela. Pérez Outeiriño, Bieito(coord). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2002.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 20/11/2002
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6