Museo |
Museo Arqueológico Provincial de Ourense
|
Inventario |
CE004157
|
Clasificación Genérica |
Epigrafía; Mundo funerario
|
Objeto/Documento |
Tampa sepulcral
|
Título |
Tampa sepulcral do abade Argivito
|
Materia/Soporte |
Granito
|
Técnica |
Labrado
|
Dimensiones |
Anchura = 77 cm; Altura = 10 cm; Lonxitude = 205 cm
|
Descripción |
Laude sepulcral decorada por un baquetón central que recorre a aresta, delimitando lixeiras vertentes laterais para bifurcarse en ángulo e conformar unha "dobre estola" coas súas respectivas vertentes triangulares. A superior destas, fragmentada e repicada en parte, deixa adiviñar o inicio do que parecen tres semicírculos concéntricos, motivo coñecido con diversas variantes noutras tampas alto-medievais; ao seu carón mostra unha cruz incisa de brazos iguais, que se repite aos pés
O completo epígrafe funerario, xunto cunha folla de hedra, ocupa a superficie das vertentes laterais. O contorno da peza aparece remarcado por unha liña incisa que define un baquetón e que na parte superior queda conformada polas aliñadas letras do epitafio.
|
Inscripciones/Leyendas |
Vertente dereita OBIIT F(a)M(u)LO D(e)I ARGIVITO ABBATI (et) C(on)F(ess)I (die) VIII K(alen)D(a)S D(e)C(em)B(ri)S IN HERA (hedera) (Faleceu o servo de Deus Argivito, abade e penitente, o día 24 de novembro) Vertente esquerda dCCCC)x VIIu (Nongentesima Sexagesima septima) SVB// SANCZO RES. ( do ano 929, baixo o mandato do rei Sancho.)
|
Datación |
929
|
Contexto Cultural/Estilo |
Prerrománico Alta Idade Media
|
Uso/función |
Funerario
|
Lugar de Procedencia |
Ventosa (San Xulián)
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Igrexa parroquial de Santa María
|
Historia del Objeto |
A peza foi comprada a un industrial anticuario da cidade de Ourense polo grupo Marcelo Macías, que fixo doazón dela ao Museo.
|
Clasificación Razonada |
Trátase da única testemuña epigráfica coñecida ata hoxe na que se menciona o rei de Galicia don Sancho Ordóñez, fillo de Ordoño II de León.
|
Bibliografía |
IGLESIAS ARMADA, Mª del P. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Na procura da historia. 1997. Orientación didáctica - guía escolar, Vigo. RIVAS FERNÁNDEZ, J. C. Importante epitafio en tampa sepulcral del siglo X, con mención del Rey de Galicia D. Sancho Ordoñez. Boletín Auriense. Ourense (l): 1986, pp. 59-83; XIV-XV.
|
Forma de Ingreso |
Doazón
|
Fecha de Ingreso |
03/1986
|