Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE004157
Clasificación Genérica Epigrafía; Mundo funerario
Objeto/Documento Tampa sepulcral
Título Tampa sepulcral do abade Argivito
Materia/Soporte Granito
Técnica Labrado
Dimensiones Anchura = 77 cm; Altura = 10 cm; Lonxitude = 205 cm
Descripción Laude sepulcral decorada por un baquetón central que recorre a aresta, delimitando lixeiras vertentes laterais para bifurcarse en ángulo e conformar unha "dobre estola" coas súas respectivas vertentes triangulares. A superior destas, fragmentada e repicada en parte, deixa adiviñar o inicio do que parecen tres semicírculos concéntricos, motivo coñecido con diversas variantes noutras tampas alto-medievais; ao seu carón mostra unha cruz incisa de brazos iguais, que se repite aos pés
O completo epígrafe funerario, xunto cunha folla de hedra, ocupa a superficie das vertentes laterais. O contorno da peza aparece remarcado por unha liña incisa que define un baquetón e que na parte superior queda conformada polas aliñadas letras do epitafio.
Inscripciones/Leyendas Vertente dereita
OBIIT F(a)M(u)LO D(e)I ARGIVITO ABBATI (et) C(on)F(ess)I (die) VIII K(alen)D(a)S D(e)C(em)B(ri)S IN HERA (hedera) (Faleceu o servo de Deus Argivito, abade e penitente, o día 24 de novembro)
Vertente esquerda
dCCCC)x VIIu (Nongentesima Sexagesima septima) SVB// SANCZO RES. ( do ano 929, baixo o mandato do rei Sancho.)
Datación 929
Contexto Cultural/Estilo Prerrománico
Alta Idade Media
Uso/función Funerario
Lugar de Procedencia Ventosa (San Xulián)
Lugar Específico/Yacimiento Igrexa parroquial de Santa María
Historia del Objeto A peza foi comprada a un industrial anticuario da cidade de Ourense polo grupo Marcelo Macías, que fixo doazón dela ao Museo.
Clasificación Razonada Trátase da única testemuña epigráfica coñecida ata hoxe na que se menciona o rei de Galicia don Sancho Ordóñez, fillo de Ordoño II de León.
Bibliografía IGLESIAS ARMADA, Mª del P. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Na procura da historia. 1997. Orientación didáctica - guía escolar, Vigo.

RIVAS FERNÁNDEZ, J. C. Importante epitafio en tampa sepulcral del siglo X, con mención del Rey de Galicia D. Sancho Ordoñez. Boletín Auriense. Ourense (l): 1986, pp. 59-83; XIV-XV.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 03/1986
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6