Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-949
Clasificación Genérica Obxectos de equipamento doméstico: decoración; Obxectos de expresión artística; Artes plásticas; Cerámica; Obxectos de prestixio e poder
Objeto/Documento Tinalla
Autor/a Taller sevillano
Materia/Soporte Barro cocido
Técnica Vidrado [En verde.]
Torno
Dimensiones Diámetro máximo = 43 cm; Altura = 62 cm; Diámetro boca = 36 cm
Descripción Tinalla de grandes dimensións con catro asas e vidrada en verde óxido de cobre provista de abundante decoración conmemorativa en relevo que combina motivos incisos de liñas onduladas e rectas na boca, onde tamén aparecen dixitacións, cos motivos en relevo e aplicados a base de follas, vieiras e mascaróns co busto de Fernando VII, dos que colgan guirlandas alternadas con outras cunchas de vieira, organizados de xeito moi clásico. As asas tamén presentan decoración vexetal en relevo.
Iconografia Na panza: Fernando VII; Vieira; Guirlanda; Mascarón
Datación 1811=1820
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Sevilla (m) (Vega del Guadalquivir (comarca), Sevilla)
Uso/función Trátase dun recipiente de uso suntuario e non funcional ou cotián.
Clasificación Razonada Esta peza formaría parte dunha produción realizada polos alfares sevillanos para conmemorar a fin da Guerra da Independencia española (1808-1814) e como paralelo pódese ver o exemplar do Victoria & Alber Museum (Spanish pottery 1248-1898, páx. 200). Os talleres de Triana, cunha longa historia, empregaban en abundancia para os vidrados o óxido de cobre coa súa característica cor verde.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 25/03/2009
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito; Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6