Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-638
|
Clasificación Genérica |
Budismo: obxectos rituais e cerimoniais
|
Objeto/Documento |
Muíño de oracións
|
Materia/Soporte |
Turquesa Coral Madeira Óso
|
Técnica |
Fundición Gravado Talla
|
Dimensiones |
Ancho máximo = 3,50 cm2; Largo total = 23 cm2
|
Descripción |
Pequeno cilindro xiratorio suxeito por un alongado mango de configuración troncocónica que contén no seu interior unha tira de papel con diversas oracións. No exterior aparecen gravadas unhas frases relativas a "mantras", isto é, ensalmos compostos de sílabas místicas ou curtas invocacións enmarcadas por ornamentais filas de xemas engastadas en círculos, unha na parte superior sobre a que se dispón o remate da peza e dúas na inferior. Precisamente, nunha destas últimas aparece suxeita unha cadeíña da que pende un sinxelo elemento de forma cilíndrica.
|
Datación |
1801=1900
|
Contexto Cultural/Estilo |
Tibet
|
Lugar de Producción/Ceca |
Tíbet (China, Extremo Oriente) Nepal (Asia del Sur, Asia)
|
Uso/función |
Relixioso. Intrumento mecánico para a recitación devocional.
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: Kailasa, unha peregrinación ó corazón do Tíbet Christoph Linng (fot.) Susanne Schaber (textos). Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de marzo ao 18 de xuño de 2006.
|
Clasificación Razonada |
O muíño de oracións é empregado na relixión budista como instrumento mecánico de recitación devocional. Cada xiro equivale a ler, escribir ou recitar unha oración de xeito que o movemento repetitivo do mesmo posibilita a multiplicación das pregarias. Son utilizados, sobre todo, no Budismo tántrico desenrolado no Tíbet e, especialmente, polos peregrinos que se encamiñan por algunha das rutas de peregrinación que discorren polos numerosos puntos xeográficos relacionados coa devoción ou a vida de Buda.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Tenteo
|
Fecha de Ingreso |
22/10/2003
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel
|