Museo |
Museo Etnológico de Ribadavia
|
Inventario |
1966
|
Clasificación Genérica |
01.Viticultura; 01.AGRICULTURA
|
Objeto/Documento |
tesoira
|
Tipología/Estado |
tesoira de podar
|
Materia/Soporte |
aceiro aliado para ferramentas
|
Dimensiones |
Longo = 24 cm; Ancho = 20 cm; Profundidade = 3 cm
|
Descripción |
Ferramenta de corte en forma de tenaces, formada por unha tesoira de follas curvas, con dous fíos, e dous mangos unidos por un resorte formado por unha lamia arrolada. Tamén consta dun pequeno torno cilíndrico no estremo inferior interior que fai de tope.
|
Firmas/Marcas/Etiquetas |
LA RIOJA próxima á porca que engarza as tesouras LA RIOJA
|
Datación |
1850[ca]-2009[ca]
|
Uso/función |
Poda da viña. Úsase cunha soa man. O resorte mantén as tesoiras abertas, de maneira que para realizar o corte é preciso premer para pechalas facendo forza sobre os mangos; o tope impide que os fíos se crucen sobre si. Corta sarmentos e talos finos da viña. Para estar en condicións de uso, a ferramenta debe estar perfectamente limpa e afiada, xa que a poda esixe hixiene e cortes precisos.
|
Lugar de Procedencia |
Beade (Ribeiro (O) (comarca))
|
Historia del Objeto |
Atribúese a invención a Bertrand de Moleville, que fora ministro de Luis XVI, durante o seu exilio. De retorno a Francia en 1815, introduce a ferramenta (sécateur, en francés), que ao principio xenera moita resistencia. Entre 1850 e 1900 (en Francia), estas tesoiras reemprazan aos podóns.
|
Bibliografía |
Colección vitivinícola, 1. Coruña: 2010. 22-23. MOREL, François. Les objets de la vigne et du vin. Romagnat : De Borée, 2007. 87.
|
Forma de Ingreso |
Doazón
|
Fecha de Ingreso |
04/1996
|
Catalogación |
Gonzalez Fernandez, Clara
|