Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 87
Clasificación Genérica Cerámica; Obxectos devocionais; Obxectos de equipamento doméstico: decoración
Objeto/Documento Placa decorativa
Autor/a Real Fábrica de Louza de Alcora [Actividade 1727-1944]
Materia/Soporte Barro cocido [loza]
Técnica Modelado
Vidrado
Dimensiones Longo = 4,70 cm; Altura = 63 cm; Anchura = 38,50 cm
Descripción Placa rectangular vidrada que representa a Santiago na batalla de Clavixo. O Apóstolo sobre un cabalo branco a trote e portando espada e estandarte con cruz, ataca as tropas sarracenas, seguido do exército cristián formando unha composición en V. No fondo unha paisaxe presidida por un castelo no alto que lembraría o de Clavixo. Marco de rocallas, en tons ocres, cun penacho na parte inferior con cartela de cor vermella e copete rematando con cartela en verde.
Iconografia Santiago na Batalla de Clavixo
Firmas/Marcas/Etiquetas Etiqueta adhesiva no reverso
(Nota con referencia a prezo de compra, ofertante, e outros datos administrativos.) [Desprendeuse. Gárdase en Almacén A, Planeiro 1, Caixón 6]
Datación 1751=1800 (Século XVlll.)
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Alcora (L´) (Alcalatén (L´) (comarca), Castellón-Castelló (p))
Uso/función Decorativo.
Clasificación Razonada A produción destas placas con marco recargado e eloaboradas a moldeado é frecuente na segunda metade do XVIII na Real Fábrica de Louza de Alcora. A escena pode ser policromada, como é este caso, ou en relevo. Distribuíronse tanto vidradas como incluso ao natural, simplemente cocidas e cunha finalidade decorativa e tamén devocional.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6