Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1214
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De culto
Autor/a Anónimo
Título Asemblea dos santos
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón escuro [No seu tempo tivo dúas travesas horizontais que hoxe lle faltan.]
Elementos sustentados: Témpera [Cores: verde, vermella, branca, ocre, marrón e azul]
Ouro Dourado
Estuco
Técnica Estucado
Pintura a man alzada
Pintura á témpera
Dourado
Dimensiones Icona: Profundidade = 2,30 cm; Altura = 53,50 cm; Anchura = 43,30 cm
Descripción Na parte externa, un recadro de cor verde escuro enmarca a escena na que se distinguen 4 estratos. No superior, Deus pai cos brazos abertos e estendidos, barba branca e túnica da mesma cor. Baixo el, a pomba do Espírito Santo metida nun círculo vermello. Debaixo, Xesús entronizado e coroado con nimbo, leva na man esquerda o orbe terrestre. Estes tres personaxes están rodeados por 20 anxos e arcanxos e ao lado de Deus dous querubíns. Nos extremos apréciase unha cidade amurallada. Separando este estrato do seguinte hai un grupo de nubes. Centra o estrato intermedio a cruz que ten unha cartela longa e estreita, e debaixo outra con forma das páxinas dun libro, suxeita por catro querubíns vermellos. Ao lado esquerdo María e ao dereito Xesús con dúas ringleiras de santos. A ambos os dous lados, 24 santos separados do nivel anterior e do inferior por nubes. No nivel máis baixo, 10 personaxes ricamente ataviados e con coroas reais. Están rodeados por un numeroso grupo de santos entre os que se atopa san Xoán Bautista á dereita.
Iconografia Icona
: Asemblea de Santos; Anxos; Xesús; Espírito Santo; Virxe María; Arcanxos; Deus Pai; San Xoán Bautista
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior, Pintado a man alzada
(1800[ca]-1850[ca])
[Tamén en distintas partes da imaxe hai inscripcións pintadas a man alzada en caracteres cirílicos]
Datación 1810[ca] (Comezos do s. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Iconas rusas. Presentación dunha colección; programa de exposición temporais sede San Miguel, (do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona poida ser das destinadas ao culto xa que estas tendían a ser de maior tamaño. Situábanse ao lado dos iconostasios ou na parte interior da entrada das igrexas. A partir do século XVII era frecuente introducilas en caixas de madeira e protexelas do fume dos cirios por un cristal.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6