Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1254
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Metalistería
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De viaxe
Autor/a Anónimo
Título Cristo Silencio Benaventurado
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Bronce Dourado
Elementos sustentados: Esmalte [Cores: azul e branco]
Técnica Soporte: Cicelado
Elementos sustentados: Esmaltado
Dimensiones Icona: Profundidade = 0,40 cm; Altura = 14,30 cm; Anchura = 12 cm
Descripción Nun recadro central aparece Cristo imberbe con ás, cos brazos cruzados sobre o peito, con túnica litúrxica e co nimbo estrelado. Aos lados leva as iniciais do seu nome. O recadro é coma un marco que separa a imaxe dos dezaoito medallóns cos santos, os apóstolos e a déese, que aparece no centro da parte superior. Hai motivos vexetais entrelazados cos medallóns sobre un fondo de esmalte azul e branco. Nos bordos superior e inferior da icona hai inscricións.
Iconografia Icona: Cristo Silencio Benaventurado; Déese; Santo; Apóstolos
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, bordes superior e inferior, Gravado
(1789[?]-1900[?])
Datación 1789[?]-1900[?]
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona poida ser de viaxe. Son metálicas e eran transportadas polo propietario nos desprazamentos fóra do domicilio. Poden ter forma de cruz simples ou compostas, ou ser trípticos, polípticos, etc. Cando o propietario morría ou xa non podía viaxar, era embutida noutra de madeira converténdose deste xeito nunha icona doméstica.
Este Cristo é unha das representacións de Xesús máis enigmáticas do cristianismo ortodoxo. Apareceu en Rusia no século XV aínda que coa disposición descrita só se comeza a ver a partir do século XVII. Resulta difícil de interpretar xa que non aparece con ningún rolo ou libro. A referencia ao silencio quizais vincule esta icona ao ambiente monástico e ao grupo dos vellos crentes.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6