Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1428.2802
Clasificación Genérica Material arqueolóxico
Objeto/Documento Material arqueolóxico
Materia/Soporte Pedra
Granito
Esquisto
Cerámica
Vidro
Ferro
Ouro
Bronce
Óso
Cuncha
Descripción Conxunto de materiais recuperados nas intervencións arqueolóxicas levadas a cabo nos meses de Xullo a Outubro de 2013, no Castelo da Rocha Forte (Santiago de Compostela).
O material arqueolóxico recuperado, atendendo a materia prima de elaboración, está formado por:
- Cerámica (921 rexistros): conxunto heteroxéneo de material cerámico, formado por unha ampla representación da denominada cerámica común medieval, con olas de bordo horizontal cóncavo, bordo sinxelo, de bordo de pestana e olas trilobuladas. Presentan a tradicional decoración para esta tipoloxía cerámica, incisións lineais ou onduleantes, dixitalizacións e impresións. Dentro da cerámica importada, destaca a presenza da cerámica de tradición levantina (cunha interesante mostra de louza dourada), de tradición sevillana cos tradicionais vidrados melados e verdes, cerámica de Talavera e exemplares de cerámica vidrada verde de tradición Atlántico Occidental. Débese facer referencia tamén a unha cantidade considerable de cerámica vidrada indeterminada.

Grandes líticos (39 rexistros): conxunto de elementos líticos de grandes dimensións entre os que se documentan tanto bolaños, morteiros, pedras de muíño e elementos arquitectónicos do castelo (arquivoltas, capiteis, tracerías, basas, fustes, cimacios e pía bautismal), algúns deles con decoración traballada.

Bronces (51 rexistros): entre os rexistros arqueolóxicos elaborados en bronce atópanse elementos propios da indumentaria (apliques, alfinetes, tacholas e fibelas) con decoración moi traballada, elementos indeterminados, fragmentos de bisagra / charnela decorada e un tirador. De bronce é tamén a medalla de San Bieito atopada no xacemento, pero nun contexto mais avanzado.

Ferro (1002 rexistros): exceptuando o material de construción e o armamento, os utensilios elaborados en ferro (152 rexistros) teñen unha ampla representación e funcionalidade. Con exemplares para a agricultura (podón), para a vida cotiá e doméstica (coitelos, chaves), para o arreo de cabalos (ferraduras) e fragmentos indeterminados.

Vidro (37 rexistros): recóllense fragmentos tanto de escouras de vidro, como fragmentos de posibles contedores, así como un amplo número de fragmentos de vidreira.

Acibeche (3 rexistros): escasamente representado, cunha doa de acibeche e dous fragmentos amorfos con marcas de talla e extracción.

Seguindo a funcionalidade dalgúns dos obxectos catalogados podemos establecer a seguinte clasificación:

Actividades lúdicas (13 rexistros): en relación con este campo, destacan o conxunto tanto de fichas de xogo elaboradas reaproveitando fragmentos cerámicos, como os exemplares de dados elaborados tanto en cerámica como en óso.

Armamento (223 rexistros): entre o material relacionado cos conflitos bélicos que se desenvolven no xacemento documéntanse en material lítico grandes bolaños e un número elevado de arremesos / bolandeiras (185). En ferro son abundantes as puntas de frecha (37), tanto de saeta como de besta e puntas de lanza.

Material de construción:
- Ladrillos / tellas (16 rexistros): fragmentos de tellas e ladrillos, normalmente de cocción oxidante ou mixta. Destacan algúns fragmentos con marcas de dixitacións do momento de factura.
- Cravos (810 rexistros): ampla selección de cravos e puntas de ferro. Normalmente con cabeza circular ou cadrada e vástago de sección circular, ou cuadrangular, rematados en punta.
- Grampas de construción en ferro (5 rexistros).

Numismática (19 rexistros): as moedas recuperadas nesta campaña de escavación son maioritariamente de bronce exceptuando un exemplar de prata. Destaca a presenza de numismas de Alfonso X, Enrique II, Enrique III, Enrique IV, Juan I e a presenza de acuñacións portuguesas como as de Juan I de Portugal e unha barbuda de Fernando I de Portugal. Fora do contexto medieval documéntanse unha moeda do período franquista.
Datación 1255[ca]-1466[ca]
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Castelo da Rocha Forte
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Fecha de Ingreso 22/11/2013
Catalogación del Río Canedo, Verónica
| más imágenes |
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6