Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-1227
|
Clasificación Genérica |
Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura; Metalistería
|
Objeto/Documento |
Icona
|
Tipología/Estado |
Doméstica
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Floro e Lauro e o milagre co arcanxo san Miguel
|
Conjunto |
Colección de iconas rusas
|
Materia/Soporte |
Soporte: Madeira Marrón escuro [No seu tempo tivo dúas travesas horizontais hoxe desaparecidas.] Elementos sustentados: Estuco Témpera [Cores: branco, vermello, verde, ocre e marrón] Marco: Metal Dourado [O marco entra dentro da escena na parte superior.]
|
Técnica |
Pintura a man alzada Marco: Repuxado Pintura á témpera Estucado
|
Dimensiones |
Icona: Profundidade = 2,60 cm; Altura = 31,10 cm; Anchura = 23,40 cm
|
Descripción |
Icona de forma rectangular coa representación do milagre do arcanxo san Miguel e Floro e Lauro. A peza leva un marco metálico cunha decoración de filas de rombos rematadas con bolas nas esquinas e flores con follas no centro dos catro lados. O bordo exterior está resaltado e o inferior presenta unha decoración de boliñas en tres dos lados e un, o inferior, é liso.
Acompañando a san Miguel están Floro e Lauro (o primeiro é o que está máis á esquerda e Lauro o que está máis á dereita) pero tamén outras dúas persoas máis próximas ao arcanxo que os propios mártires e que levan vestimentas de bispo. San Miguel non leva as rendas dos cabalos senón o "mandylion". Na zona inferior, tres homes a cabalo (marrón, branco e negro) que serían os tres pastores gregos da lenda, Espeusipo, Elasipo e Melasipo, e outros tres cabalos sen xinete.
|
Iconografia |
Icona: Santos Floro e Lauro; San Miguel; Mandylion, Lenzo de Edesa, Imaxe de Edesa ou Santa Face
|
Inscripciones/Leyendas |
Cara anterior, parte superior do marco, Gravado (1700[ca]-1799[ca])
|
Datación |
1700-1799 (S. XVIII)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Moderna
|
Lugar de Producción/Ceca |
Rusia (Europa Central e Oriental, Europa) [Rusia central]
|
Uso/función |
Devocional
|
Descriptores Geográficos |
Rusia
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
|
Clasificación Razonada |
As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.).
As representacións do milagre do arcanxo san Miguel e Floro e Lauro adoitan ter unha composición moi clara. Como acontece na icona da Colección Kolómenskoye, o arcanxo sae enriba dun penedo sostendo con ambas as dúas mans dous cabalos polas cordas para darllos a Floro e a Lauro, ao tempo que os bendí. Na parte inferior da icona aparecen tres pastores gregos (Espeusipo, Elasipo e Melasipo) que coidan da manada. Sen embargo, na icona depositada no MPSC a composición é un pouco diferente. É, polo tanto, unha peza curiosa que se escapa das típicas representacións deste motivo iconográfico.
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
28/10/2013
|
Catalogación |
Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
|