Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1227
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura; Metalistería
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Floro e Lauro e o milagre co arcanxo san Miguel
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón escuro [No seu tempo tivo dúas travesas horizontais hoxe desaparecidas.]
Elementos sustentados: Estuco
Témpera [Cores: branco, vermello, verde, ocre e marrón]
Marco: Metal Dourado [O marco entra dentro da escena na parte superior.]
Técnica Pintura a man alzada
Marco: Repuxado
Pintura á témpera
Estucado
Dimensiones Icona: Profundidade = 2,60 cm; Altura = 31,10 cm; Anchura = 23,40 cm
Descripción Icona de forma rectangular coa representación do milagre do arcanxo san Miguel e Floro e Lauro. A peza leva un marco metálico cunha decoración de filas de rombos rematadas con bolas nas esquinas e flores con follas no centro dos catro lados. O bordo exterior está resaltado e o inferior presenta unha decoración de boliñas en tres dos lados e un, o inferior, é liso.
Acompañando a san Miguel están Floro e Lauro (o primeiro é o que está máis á esquerda e Lauro o que está máis á dereita) pero tamén outras dúas persoas máis próximas ao arcanxo que os propios mártires e que levan vestimentas de bispo. San Miguel non leva as rendas dos cabalos senón o "mandylion". Na zona inferior, tres homes a cabalo (marrón, branco e negro) que serían os tres pastores gregos da lenda, Espeusipo, Elasipo e Melasipo, e outros tres cabalos sen xinete.
Iconografia Icona: Santos Floro e Lauro; San Miguel; Mandylion, Lenzo de Edesa, Imaxe de Edesa ou Santa Face
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior do marco, Gravado
(1700[ca]-1799[ca])
Datación 1700-1799 (S. XVIII)
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Rusia (Europa Central e Oriental, Europa) [Rusia central]
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Rusia
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.).
As representacións do milagre do arcanxo san Miguel e Floro e Lauro adoitan ter unha composición moi clara. Como acontece na icona da Colección Kolómenskoye, o arcanxo sae enriba dun penedo sostendo con ambas as dúas mans dous cabalos polas cordas para darllos a Floro e a Lauro, ao tempo que os bendí. Na parte inferior da icona aparecen tres pastores gregos (Espeusipo, Elasipo e Melasipo) que coidan da manada. Sen embargo, na icona depositada no MPSC a composición é un pouco diferente. É, polo tanto, unha peza curiosa que se escapa das típicas representacións deste motivo iconográfico.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Korbinian Kollmeier

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6