Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-519
Clasificación Genérica Documentos e publicacións; Documentos
Objeto/Documento Executoria
Título Ejecutoria de limpieza de sangre a pedimiento de Juan de Rueda, vecino de Balalcaçar...
Materia/Soporte Pel
Pergameo
Técnica Dourado [ferros dourados]
Manuscrito [cubertas en coiro con motivos decorativos de rodas en seco]
Dimensiones Placa = 2 cm; Ancho máx = 23 cm; Alto máx = 34 cm
Descripción Formato e características formais: encadernación orixinal en coiro. 34 follas . Encadernación orixinal do documento en pel con decoración de rodas en seco e pequenos ferros dourados. No centro, en sentido vertical: unicornio, águia coroada, cuadrifolio de motivos vexetais, águia coroada e león; todos eles entre motivos vexetais nos ángulos. Ó redor bandas de motivos xeométricas e de roleos vexetais facendo composicións rectangulares e entre estas motivos decorativos comoa lebres, paxaros e vieiras. A mesma decoración obsérvase na contraportada. Destaca a ilustración das dúa primeiras follas que se dispoñen acaradas. Na primeira folla aparece, na parte superior, a Virxe co Neno sobre un crecente lunar, figurando á súa esquerda o nome do rei (Felipe II), presentándose na metade inferior o escudo de armas da familia Rueda, en cartela arrodeada de cintas, coronado, sobre campo verde unha man cortada e debaixo unha roda de carro. .A segunda folla contén o texto que sigue da primeira cos honores e título do rei e a presentación da executoria en coidada letra gótica na parte superior, mentras que na inferior aparece unha vistosa representación de Santiago con indumentaria de apóstolo e elementos da súa condición de peregrino (bordón e sombreiro con vieira), acompañado de san Xoán Bautista. Toda esta composición está enmarcada por unha colorista orla. Na guarda consérvase un pequeno gravado a maneira de ex-libris co escudo da Inquisición. Presenta algún desperfecto nas esquinas do lombo e nas puntas.Ó contrario do documento precedente, o que agora se comenta, é saído da Chancelería de Granada. Se nun primeiro momento a única que funcionaba nos territorios hispanos foi a de Valladolid, logo da Conquista de Granada, os Reis Católicos crean a de Granada para aliviar da carga de traballo á institución vallisoletana. A Chancelería de Granada atendería así tódolos casos orixinados ó sul do río Texo, como é este de limpeza de sangue de Juan Rueda, veciño de Belalcázar (Balalcaçar), CórdobaATENCIÓN, NON CORRESPONDE A ESTA EXECUTORIA. CAMBIAR¡ Unha viñeta iluminada. Tinta negra. Caixa da escritura a tinta vermella. Letra gótica. Entre 39 e 40 liñas. 15 títulos iniciais e dous letras capitais en dourado sobre cartelas en vermello. 30 capitais en tinta negra repartidas nas cabeceiras de cada folla. Tódalas follas rubricadas no seu bordo inferior. Título na portada antecedido por unha cruz latina vermella patada e debaixo " Executoria Ruy Ximenez del Palomar / Año 1542". No lomo, tamén tintas negra e vermella o mesmo título e o ano. Tres contracubertas en papel moderno marca Galgo e unha folla medio de 4ª, que parece da mesma época que a executoria, escrita só na súa metade. Non parece pertencer ó documento orixinal, despois unha folla coa estructura da caixa deliñada en vermello. O anverso da segunita folla con rúbricas. O reverso da mesma folla coa viñeta.Estructura da viñeta: No ángulo superior esquerdo recadrado sobre fondo azul escudo de armas arrodeado dunha letra capital "D" que corresponde ó inicio da inscrición do recadro continuo en letras douradas con fondo vermello "ON/CAR/LOS". Debaixo texto en letra gótica cos títulos do rei, flanqueados por bandas de flores e frutas. Nunha banda horizontal no bordo inferior da folla aparece dentro dun círculo a imaxe da Santiago Cabaleiro sobre cabalo branco, con armadura á moda do século XVI e capa vermella, o casco vai ornado cunha cuncha. Leva espada no alto da súa man dereita . Ó fondo unha paisaxe. A ambos lados do cículo e sobre fondo azul dous grutescos ou medias figuras sobre o que parecen cornos da abondancia.Iconografía: V.Tema/decoraciónAsunto: carta excutoria de pedimento de Francisco Ximenez del Palomar, veciño da Villa de Cornago.
Documento. Executoria
Iconografia Santiago Peregrino
Datación 1559
Lugar de Producción/Ceca Granada (m) (Vega de Granada (comarca), Granada ) [Expedido pola Chancelería de Granada ]
Uso/función Documental. Administrativo.
Lugar de Procedencia Granada (m)
Clasificación Razonada As cartas executorias son documentos nos que se rexistraba os preitos interpostos por familias ou individuos para consegui-la proba da súa fidalguía mediante testemuñas e escrituras. Son características no reino de Castela, a partires do século XVI, época na que eran frecontes os enfrontamentos entre fidalgos e plebeos para obtene-la superioridade social, facendo prevalece-los seus privilexios de categoría como a exención de impostos reaís e concellís, a posición de oficios honoríficos, os dereitos de asento e sepultura, entre outros. As demandas presentábanse xeralmente por cambio de veciñanza ou por unha acusación de falsa fidalguía e resolvíalas a "Sala de los hijosdalgo" da Real Chancelería de Valladolid. A familia ou o individuo tiña que amosar documentalmente ou por testamuñas a súa carta de nobreza, a antigüidade dos seus privilexios nobiliares, os testamentos dos devanceiros e outras prerrogativas ancestrais como o emprego de brasóns en vivendas, capelas e aneis ou a probanza de que a familia vestía con distinción, vivía con folgura, posuía criados e que ningún ascendente tiña traballado en oficios "viles". Outro aspecto fundamental deste proceso referíase ás orixes do grupo familiar xa que debíase amosar que tratábase de "cristiáns vellos", sen vínculos con xudeus, musulmáns ou herexes, nun exercicio característico de limpeza de sangue. Ante unha sentencia favorable no xuicio a familia celebraba o acabamento do preito coa elaboración dunha carta executoria miniada máis ou menos ricamente segundo a posición nobre e económica da familia, empreganda cantas imáxenes metafóricas aluden á fidalguía da mesma.
Bibliografía PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Ejecutoria de limpieza de sangre a pedimento de Juan de Rueda, vecino de Balalcaçar, dada en la ciudad de Granada a cuatro días del mes de octubre de 1559. El viaje a Compostela de Cosme III de Médicis: Museo Diocesano, Santiago de Compostela, 15 octubre 2004 / 17 enero 2005, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. pp. 520-523.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 26/06/2002
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6