Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1096
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Escola flamenga
Título Guerreiro con estandarte e batalla ao fondo
Conjunto Táboas de cabaleiro e vanitas
Materia/Soporte Táboa
Técnica Óleo sobre táboa
Dimensiones Alto sen marco = 58,50 cm; Alto con marco = 65,50 cm; Longo = 22 cm
Descripción Polo anverso apréciase unha composición ateigada de elementos. Represéntase, nun primeiro plano, sobre unha superficie con pequenos matos de vexetación e ocupando máis da metade da altura, un guerreiro de fonte vestido con armadura completa de placas característica de época de Carlos V ou Filipe II composta dun helmo con penacho de plumas, peto, escarcelas, ombreiras, gardabrazos, luvas, musleiras, grebas, escarpes, etc. Sobre os ombreiros leva un manto vermello que cae ás costas e se ata no pescozo cun amplo broche en forma de vieira naturalista e unha cruz en vermello con extremos flordelisados. Sobre a armadura e en bandoleira porta unha banda anoada á altura da cadeira esquerda, de onde colga unha espada da que terma coa man do mesmo lado. Coa man esquerda sostén unha especie de lanza rematada en cruz da que colga un bandeirín bífido en branco cunha cruz grega en vermello. Do corpo do personaxe soamente se pode ver a faciana, realizada con detallismo e mestría, reproducindo unha persoa de idade media, faccións marcadas, barba completa bipartita e bigote que deixa ver o beizo inferior.
No fondo, e a distintos planos con gran profundidade de campo, pódese ven, en primeiro termo unha escena de batalla na que, un cabaleiro sobre montura branca, portando un estandarte cunha cruz vermella, ataca cao espada a un grupo de sarracenos. Nun plano máis profundo aparece un conxunto de ruínas arquitectónicas e unha zona de arborado para iniciarse a continuación unha alta montaña na que se aprecian fortificacións e edificacións varias. O ceo aparece representado de forma abstracta e en tons claros.
Polo reverso represéntase a metade esquerda dun escudo que se completaría coa outra metade pintado na porta contraria (Inv. D-1097) e que se describe a seguir. Partido. Primeiro cuartelado: primeiro e cuarto de azur un león de ouro; segundo, de gules catro crecentes de ouro, os superiores ranversados; brochante, unha cruz potenzada de ouro. Segundo, de prata dúas chaves en azur, flanqueadas de seis lunetes de gules e acompañada de tres lises de ouro, unha en xefe e dúas en punta. Ao timbre, helmo adestrado con lambrequíns brancos rematados en axóuxeres.
O escudo forma parte do reverso das dúas táboas do posible políptico: D-1096 e D-1097.
Iconografia No colo do guerreiro, como colgante.: Vieira; Cruz;
Estandarte: Cruz;
Reverso da táboa: Escudo da Casa de Quirós;
Trátase dun escudo español sobre cartela. Partido. Primeiro cuartelado: primeiro e cuarto de azur un león de ouro; segundo, de gules catro crecentes de ouro, os superiores ranversados; brochante, unha cruz potenzada de ouro. Segundo, de prata dúas chaves en azur, flanqueadas de seis lunetes de gules e acompañada de tres lises de ouro, unha en xefe e dúas en punta. Ao timbre, helmo adestrado con lambrequíns brancos rematados en axóuxeres.
Datación 1501=1600 (Século XVI)
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Bélxica (Europa Occidental, Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Onomásticos Casa de Quirós
Clasificación Razonada D-1096 e D-1097: Estamos ante dous elementos soltos que sen dúbida foron ideados para formaren parte dun políptico, tal vez tríptico, do que faltaría a representación central. As dúas representacións dos anversos mostran a uns personaxes pertencentes a dous mundos distintos, un militar nun escenario bélico e o que parece un clérigo na intimidade dun escritorio presidido por unha vanitas, ambos os dous membros sen dúbida da mesma familia e que incluso presentan un aspecto moi semellante nos seus resgos.
A clave para a interpretación destas pezas atópase en boa medida no reverso das dúas táboas que, unha vez pechado o tríptico (?) formaría un un escudo heráldico que se correspondería co da familia que encargou a execución da obra pictórica.
Se ben se manteñen serias dúbidas para a identificación do apelido que se representa no campo da esquerda (non desbotando polo de agora que poida tratarse dun motivo heráldico non español), o da dereita sen embargo corresponde a unha das familias ben coñecidas que ten a súa orixe en terras asturianas. Trátase dos Quirós ou Bernardo de Quirós.
Deste xeito e moi posible que a representación do guerreiro e as imaxes que constitúen o fondo dunha das táboas, estean relacionadas con algunha das lendas difundidas sobre a orixe deste apelido.
A primeira e máis coñecida explica como o emperador Constantino, á fronte dun gran exército, defendeu ao papa Estéfano III da opresión do emperador romano Desiderio. Logo da vitoria, o papa agradecido pola liberdade que obtivera, gritou: "Después de Dios Constantino". Non se explica moi ben como se transformaría logo na divisa coñecida divisa "Después de Dios, la Casa de Quirós", que segue a identificar tal saga.
A outra lenda, á marxe de calquera anacronismo que se puidera producir, ven contar como Constantino guerreou apoiando ao rei Ramiro I contra os mouros de Toledo e Zaragoza. Nun momento da baralla, o rei cae do seu cabalo e está en grave perigo de ser aniquilado polo inimigo, entón o emperador gritoulle en grego "Is Quirós, Is Quirós", que parece querer dicir algo así como "Mantente forte, mantente forte", mentres Constantino acudía a axudar a Ramiro ao que lle cedeu o seu propio cabalo e as súas armas salvándoo así dunha morte segura. Ramiro I relataba ao día seguinte aos seus achegados que o acompañaban polo campo de batalla como lle debía a vida a Constantino, despois de deberlla a Deus. Deste suceso nacería o dito "Después de Dios, a Quirós" que se acabaría por converter na divisa do apelido como "Después de Dios la Casa de Quirós".
Independentemente da necesidade de afondar máis no estudo desta peza que, de seguro, poderá achegar incluso a identificación dos personaxes representados, tanto do soldado, se non se trata dunha idealización, como do orante que aparece na outra porta, a escena que forma o fondo da primeira das táboas descritas, no que se desenvolve unha batalla onde, un cabaleiro con estandarte cristián castiga ás tropas musulmás ataviadas cos seus turbantes e portando igualmente estandartes, neste caso coa media lúa, é moi posible que faga referencia a algunha das lendas enunciadas sobre a orixe do apelido Quirós ou, a unha representación de Santiago na batalla de Clavijo ou noutra contenda similar. De feito o nexo xacobeo do personaxe principal desta representación vese reforzado pola gran vieira que leva a xeito de broche prendendo o manto vermello, e o tema da loita contra o infiel, no que Santiago é o principal paladín, está tamén explicitamente reflectido.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 13/03/2012
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6