Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1269
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Menoloxio do mes de febreiro
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón
Elementos sustentados: Estuco
Ouro Dourado
Témpera [Cores: vermello, branco, azul, verde e marrón]
Verniz
Técnica Pintura a man alzada
Dourado
Vernizado
Estucado
Dimensiones Icona: Profundidade = 2,50 cm; Altura = 35,90 cm; Anchura = 30,80 cm
Descripción Catro ringleiras de santos e escenas cos seus nomes, sobre uns carteis de cor branca e pintados a man alzada. Bordeando a escena hai unha cenefa con motivos xeométricos incisos en dourado, verde e vermello.
Na primeira ringleira aparecen representados, de esquerda a dereita: un santo con túnica vermella e manto azul cunha cruz na man, a presentación de Xesús no Templo, un home con barba e unha muller, a Resurrección de Cristo (Xesús sobre o sartego cun anxo ao seu carón), tres personaxes (a do centro con coroa), unha muller cunha cruz na man dereita, e por último un santo. Na segunda ringleira hai doce santos, algúns por parellas. No terceiro nivel hai tres santos xuntos no mesmo recadro, a continuación catro santos, despois dous santos xuntos, e por último tres monxes e tres personaxes masculinos diante de tres cadáveres metidos nos seus cadaleitos. No último nivel pódese ver: un santo, o descubrimento da cabeza de san Xoán Baustista, un santo con coroa, outro vestido de bispo co omophorion, dous santos con túnica vermella, manto azul e estola verde, outros dous santos, un deles vestido coma os anteriores e outro vestido de vermello e con coroa, e por último outro santo vestido con túnica vermella, manto azul e estola verde.
Iconografia Icona: Menoloxio; Resurrección de Cristo; Presentación de Xesús no Templo; Descubrimento da cabeza de san Xoán Bautista
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior, Incisión
(1800[ca]-1899[ca])
[Caracteres vermellos sobre fondo dourado]
Cara anterior, cartelas dos diferentes niveis, Pintado a man alzada
(1800[ca]-1899[ca])
Datación 1800-1899 (S. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Iconas rusas. Presentación dunha colección; programa de exposición temporais sede San Miguel, ( do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, ( do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona sexa doméstica. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6