Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario FD/D-13749
Clasificación Genérica Estampación
Objeto/Documento Libro
Autor/a Callot, Jacques
Título Les fantasies de Noble I Callot mises en lumiere par Isarael son amy et dediees A. Monseigneur Jean Louis de Baufremont Comte de Randan Baron du Luguet
Materia/Soporte Papel
Técnica Gravado
Dimensiones Ancho máximo = 220,50 mm; Alto máximo = 140 mm
Gravado: Ancho máximo = 90 mm; Alto máximo = 70 mm
Descripción Libro con 14 páxinas orixinalmente enlazadas cun fío. Contén catorce gravados en pequenos recortes rectangulares de papel pegados sobre outra lámina máis grande, tamén de papel, e de formato apaisado.
Contenido Catorce gravados, o da portada debuxado cun frontispicio no que aparece o título da obra, na parte superior o centro está ocupado cun escudo e coroa e nos lados dous querubins sentados e sostendo ramas con follas, aos lados do frontispicio un home e unha muller.
13 gravados de Jaques Callot nos que figuran dous homes e unha muller en cada un deles, estas figuras visten á moda francesa do século XVII e en diferentes actitudes e portando diferentes obxectos.
Iconografia Escena de xénero; Músicos
Firmas/Marcas/Etiquetas Parte inferior da páxina 13, Gravado, Latín
(1635[ca]-1700[ca])
J, Callot in. f. I. Silvestre ex. cum privil. Regis . 13 (J. Callot inventouno e o fixo e I. Silvestre editouyno con privilexio real)
Portada, Gravado, Latín
Cum Privilegie Reg Israel excu (Impreso por Israel con privilegio real)
Datación 1635 [1635 é a data da tirada orixinal do libro e figura na portada pero este exemplar do museo probablemente sexa posterior a 1661.]
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Nancy (Meurthe e Mosela, Lorena)
Descriptores Onomásticos Henriet, Israel [Amigo e editor de Callot. Tío e padriño de Israel Silvestre]
Silvestre, Israel [Sobriño e afillado de Israel Henriet]
Bauffremont, Jean Louis [Personaxe ao que se dedica o libro.]
Clasificación Razonada Jaques Callot ( Nancy, 1592-1635) iniciouse como aprendiz de prateiro con Demange Crocq e pouco despois, entre 1608 e 1611, marchou a Roma onde se formou con Antonio Tempesta e con Philippe Thomassin, alí copiou obras do manierismo tardío italiano e flamenco. En 1611 trasládase a Florencia onde traballa na corte de Cosme II de Médici cun encargo de láminas sobre as cerimonias fúnebres dedicadas á memoria da raíña de España e outro de láminas sobre a vida de Fernando de Médici
A súa interesou enormemente polas estampas de esmoleiros e seres deformes de autores como Francesco Villamena e Agostino Carracci e tamén polo mundo do teatro e dos actores de xeito que na súa obra alternará esa parte máis popular coa de gravador de temas relixiosos e cortesáns.
En 1621 regresa a Nancy, debido ao falecemento de Cosme II, converténdose nun dos artistas máis destacados da corte do duque de Lorena e comeza entón o seu período máis creativo con series como: Balli e Gobbi ou O sitio de Breda, Les Gueux, La Noblesse, Le parterre de Nancy.
Posterirormente realiza outras afamadas series como Siège da Rochelle, Siège de l´île de Ré, Arbre généalogique da maison de Lorraine pero quizá a súa obra cume foi a de Grandes Misères de la guerre (1633), nos que mostra ao pobo de Nancy esnaquizado ante o acoso das tropas de Richelieu.
Estilísticamente a obra de Callot é unha combinación da tradición naturalista e popular do norte de Europa coa claridade organizativa dos mestres italianos nun extenso labor que pode achegarse ao dous mil augafortes e debuxos.
Este pequeno libro de formato apaisado conta con 14 gravados, numerados na súa maior parte, pegados en láminas de papel individuais e cada páxina con dous buracos laterais -para pasar o cordón co que ían cosidas para formar o libro-.
Os gravados conteñen escenas figuradas con presenza de dous homes e unha muller, damas, señores e cabaleiros ataviados con vestimentas da época de Luís XIII, é unha galería de cabaleiros ou soldados que rodean a damas elegantemente vestidas, secuencia que é interrompida por unha estampa na que figuran tres mulleres moi cargadas que poderían simbolizar a particular homenaxe de Callot aos campesiños.
O editor orixinal deste libro/conxunto de gravados foi Israël Henriet (1590-1661), fillo do pintor Claude Henriet, amigo de Jaques Callot -como se indica na lenda da portada- e que habitualmente asinaba como "Israel" -así figura no citado frontispicio- sen incluír "Henriet", con todo, na última páxina destes gravados -numerada con "13"- figura unha lenda: "J. Callot in. F. I. Silvestre ex. cum privil. Regis" polo que deducimos que este exemplar do museo é unha edición que reutiliza planchas do orixinal xa que Israel Silvestre (1621-1691) -o editor que asina esa páxina 13- era sobriño e afillado de Henriet e herdou del a colección de debuxos e gravados.
En canto á datación, se Silvestre herda a Henriet, que falece en 1661, probablemente este conxunto sexa posterior a esa data, aínda que tamén podería ter utilizado gravados estampados con anterioridade e engadir o último deles coa súa sinatura.
No que respecta ao nobre ao cal se lle dedica o libro, Jean Louis de Bauffremont, se sabe que a familia Bauffremont estaba instalada en Borgoña desde o século XV e os Bauffremont, señores de Sennecey, foron conselleiros e embaixadores de Enrique IV e Luís XIII. Henriet xa lle dedicara a Claude Charles, irmán de Jean-Louis, os Exercices militaires, nos que Callot tamén desenvolve variantes do mesmo tema sobre fondo branco en folla moi pequena polo que nos gravados que nos ocupan están a repetir un esquema de traballo xa realizado anteriormente.
Forma de Ingreso Depósito por compra
Fecha de Ingreso 11/05/2023
Catalogación Aneiros García, Roberto
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6