Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1097
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Escola flamenga
Título Orante con vanitas
Conjunto Táboas de cabaleiro e vanitas
Materia/Soporte Táboa
Técnica Óleo sobre táboa
Dimensiones Alto sen marco = 58,50 cm; Alto con marco = 65,50 cm; Longo = 22 cm
Descripción No anverso figura na parte baixa e nun primeiro plano, un orante axeonllado, volto cara a esquerda do espectador. Vestido cunha ampla prenda talar a xeito de loba ou balandrán branco de mangas perdidas que permite a saída dos brazos, apreciándose as mangas negras da prenda interior, deixando asomar os puños da camisa así como o colo. A prenda exterior presenta unha rica decoración moi minuciosa a base de rica pasamanería pechando a abertura das falsas mangas e tamén no que se pode apreciar da parte dianteira.
A cabeza adquire un tratamento moi detallado. Cabelo curto, ollos expresivos e ben traballados, nariz boca e orella en consonancia co resto, barba completa e recortada. Presenta unha actitude implorante.
O fondo fai percibir a sensación dun interior intimista e organízase en rexistros aparecendo no primeiro unha mesa na que repousa un libro á esquerda e un tinteiro con varias plumas na parte oposta. Nun nivel superior, nun andel, unha chea de libros perfectamente colocados. Encima aparece, de esquerda a dereita, un reloxo de area, unha caveira humana así como unha vela nunha palmatoria cunha despabilador. A parte superior da escena presenta un fondo abstracto escuro, roto pola presenza dunha ventá acuartelada.
Polo reverso a metade dereita da representación heráldica que se completaría coa outra metade pintada na porta contraria (Inv. D-1096) e que se describe a seguir. Partido. Primeiro cuartelado: primeiro e cuarto de azur un león de ouro; segundo, de gules catro crecentes de ouro, os superiores ranversados; brochante, unha cruz potenzada de ouro. Segundo, de prata dúas chaves en azur, flanqueadas de seis lunetes de gules e acompañada de tres lises de ouro, unha en xefe e dúas en punta. Ao timbre, helmo adestrado con lambrequíns brancos rematados en axóuxeres.
Iconografia Alegoría do paso do tempo
Datación 1501=1600
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Bélxica (Europa Occidental, Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Onomásticos Casa de Quirós
Clasificación Razonada D-1096 e D-1097: Estamos ante dous elementos soltos que sen dúbida foron ideados para formaren parte dun políptico, tal vez tríptico, do que faltaría a representación central. As dúas representacións dos anversos mostran a uns personaxes pertencentes a dous mundos distintos, un militar nun escenario bélico e o que parece un clérigo na intimidade dun escritorio presidido por unha vanitas, ambos os dous membros sen dúbida da mesma familia e que incluso presentan un aspecto moi semellante nos seus resgos.
A clave para a interpretación destas pezas atópase en boa medida no reverso das dúas táboas que, unha vez pechado o tríptico (?) formaría un un escudo heráldico que se correspondería co da familia que encargou a execución da obra pictórica.
Se ben se manteñen serias dúbidas para a identificación do apelido que se representa no campo da esquerda (non desbotando polo de agora que poida tratarse dun motivo heráldico non español), o da dereita sen embargo corresponde a unha das familias ben coñecidas que ten a súa orixe en terras asturianas. Trátase dos Quirós ou Bernardo de Quirós.
Deste xeito e moi posible que a representación do guerreiro (D-1096) e as imaxes que constitúen o fondo desa táboa, estean relacionadas con algunha das lendas difundidas sobre a orixe deste apelido.
A primeira e máis coñecida explica como o emperador Constantino, á fronte dun gran exército, defendeu ao papa Estéfano III da opresión do emperador romano Desiderio. Logo da vitoria, o papa agradecido pola liberdade que obtivera, gritou: "Después de Dios Constantino". Non se explica moi ben como se transformaría logo na divisa coñecida divisa "Después de Dios, la Casa de Quirós", que segue a identificar tal saga.
A outra lenda, á marxe de calquera anacronismo que se puidera producir, ven contar como Constantino guerreou apoiando ao rei Ramiro I contra os mouros de Toledo e Zaragoza. Nun momento da baralla, o rei cae do seu cabalo e está en grave perigo de ser aniquilado polo inimigo, entón o emperador gritoulle en grego "Is Quirós, Is Quirós", que parece querer dicir algo así como "Mantente forte, mantente forte", mentres Constantino acudía a axudar a Ramiro ao que lle cedeu o seu propio cabalo e as súas armas salvándoo así dunha morte segura. Ramiro I relataba ao día seguinte aos seus achegados que o acompañaban polo campo de batalla como lle debía a vida a Constantino, despois de deberlla a Deus. Deste suceso nacería o dito "Después de Dios, a Quirós" que se acabaría por converter na divisa do apelido como "Después de Dios la Casa de Quirós".
Independentemente da necesidade de afondar máis no estudo destas dúas táboas (D-1096 e D-1097) que, de seguro, poderá achegar incluso a identificación dos personaxes representados, tanto do soldado, se non se trata dunha idealización, como do orante que aparece nesta porta, a escena que forma o fondo da da táboa D-1096, no que se desenvolve unha batalla onde, un cabaleiro con estandarte cristián castiga ás tropas musulmás ataviadas cos seus turbantes e portando igualmente estandartes, neste caso coa media lúa, é moi posible que faga referencia a algunha das lendas enunciadas sobre a orixe do apelido Quirós ou, a unha representación de Santiago na batalla de Clavijo ou noutra contenda similar. De feito o nexo xacobeo do personaxe principal desta representación vese reforzado pola gran vieira que leva a xeito de broche prendendo o manto vermello, e o tema da loita contra o infiel, no que Santiago é o principal paladín, está tamén explicitamente reflectido.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 13/03/2012
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6