Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-558
Clasificación Genérica Artes plásticas; Estampación
Objeto/Documento Estampa
Autor/a Orozco, Marcos de
Título Mavros Fvrentes Sternit. Victor Trivmpho Nobili. Mundum et Vita Vincit
Materia/Soporte Papel
Técnica Gravado [Gravado ó burel e a auga forte]
Dimensiones Estampa: Longo = 55,40 cm; Alto máx = 39,50 cm
Prancha: Longo = 54 cm; Altura = 38 cm
Descripción A Estampa presenta unha composición horizontal dividida en dous rexistros claramente diferenciados. O plano superior está ocupado pola representación da Santísima Trinidad na gloria. O inferior, que recolle a escena principal, acontece nunha paisaxe terreal onde se amosa ao apóstolo Santiago na súa iconografía de matamouros; Ataviado con armadura e sobre esta unha esclavina coa cruz de Santiago flanqueada por dúas vieiras. Monta un cabalo que levanta as súas patas dianteiras sobre varias cabezas cortadas, co seu brazo dereito levanta a espada e co esquerdo sostén o estandarte coa lenda: DOMVIT / FERRO ET / LIGNO (domina co ferro e o leño), e o escudo de armas que amosa a súa propia figura, nesta ocasión como peregrino. Aparece xunto a san Francisco e ambos rodeados por: ARMA PROVIN/CIÆ NOSTRA (armas da nosa terra).
Enfrontado a Santiago sitúase a figura de san Francisco, que sostén con seu brazo dereito unha cruz a modo de bandeirola co lema: DOMVIT / LIGNO (domina co o leño) e na esquerda o escudo franciscano das cinco chagas circundado por: ARMA MILITÆ NOSTRÆ (armas da nosa compañía). Baixo o seu pe esquerdo as cabezas de dúas bestas aos lados dun emblema circular que representa un orbe circundado por QVID QVID CALCAVERIT PES VESTER VEST(tit)UM ERIT. (Todo o que pisase o voso pe será revestido).
No centro da escena, entre Santiago e san Francisco, a figura dun cabaleiro cunha escala considerablemente menor as anteriores, o que pon de manifesto a xerarquización entre as personaxes. Leva na súa man dereita a espada e na esquerda escudo xaquelado de prata e azur, acolado con oito bandeiras e timbrado coa coroa ducal. Estas armas pertencen o Ducado da casa de Alba de Tormes. Sobre o chan e a esquerda do duque, entre éste e san Francisco, un helmo emplumado e unha bengala en clara alusión as cualidades militares e de mando do cabaleiro. Completase a imaxe coas inscricións en cinta que dan título a peza situadas baixo toda a escena.
Iconografia Santiago Matamouros
Inscripciones/Leyendas Lenda situada sobre o Espírito Santo cara Deus Pai, Latín
SPIRITUS ORIS MEI, OMNIS VIRTUS EORUM (O espírito da miña boca é forza)
A esquerda de Deus en dirección a Cristo e con escritura invertida, Latín
DEDI TE DUCEM GENTIB(us). IS. 55. CONSTTUE EOS PRINCIPES SUPER TERRAm . PS. 44. (Constituínte xefe dos pobos. / Constitúeos príncipes sobre a terra)
Filacteria superior a dereita de Xesús e cara Deus, Latín
POPULI CONFITEBUNTUR TIBI IN AETERNUM, ET IN SECULUM SECULI. PS. 44. (Os pobos proclamarante eternamente polos séculos dos séculos)
Filacteria central a dereita de Xesús en dirección ao cabaleiro, Latín
POSUI ADIUTORIVM IN POTENTE ET EXALTAUI ELEC=/ TUM DE PLEBE MEA, MANUS / BRACHIUm MEUs AUXILIABUNTUR. ET (ei). PS. 88. (Dispuxen a fortaleza no poderoso e exaltei ao elixido do meu pobo; miña man e meu brazo o fortalecerán)
Sobre o escudo do cabaleiro cara Cristo:, Latín
TUA SUNT OMNIA ET QUÆ DE MANU TUA / ACCEPIM(us) DA= / M(us) TIBI [Todo o teu é santo; todo o que recibimos das túas mans devolvémoscho]
Filacteria superior a esquerda de san Francisco cara Deus Pai con escritura invertida, Latín
EXURGE CHRISTE / ADIUVA NOS (Levántate Cristo, auxílianos)
Filacteria inferior a dereita de Xesús en dirección a san Francisco:, Latín
VADE REPARA DOMUN MEAM / QUÆ LABITUR DIVUS BONAV / IN SERAPHICA LEGENDA. (Vai, repara a miña igrexa que se cae, como di san Bonaventura na súa Lenda Seráfica)
Filacteria superior a dereita de Santiago dende o escudo cara Xesús:, Latín
EXURGE CHRISTE ADIUUA NOS (.Levántate Cristo, auxílianos)
Dende a man dereita de Xesús cara Santiago, Latín
VADE / PERCUTE AMALEC. I REG. 15. (Vai, golpea a Amalec)
Filacteria inferior a dereita de Santiago cara o Cabaleiro, Latín
VENI TRANSEAMUS AD STATIONEM / INCIRCUNCISORUN. I REG. 14. (Ven, vaiamos cara a terra dos incircuncisos)
A esquerda do Duque cara Santiago e con escritura invertida, Latín
FIDE, MEOQUE SANGUINE SEQUAR TE / VBIQUNQUE VOLUERIS I REG. 14. (Coa miña fe e co meu sangue seguireite a onde queiras)
Filacteria inferior a esquerda de san Francisco cara o Cabaleiro con escritura invertida
QUASI AURORA CONSURGES / FORTIS VT AGMEN ORDINATUM. CANTIC. CP. 6. (Ergeste coma a aurora, forte como exército disposto)
A dereita do Duque cara san Francisco, Latín
IAM ENIM ASCENDIT / AURORA. GENESIS. CAPIT. 3 2. ((Xa ascende a aurora)
Inscrición en cinta na parte inferior da escena, dividida en tres filacterias: a primerira baixo a figura de Santiago, a segunda baixo a figura do cabaleiro e a terceira baixo a figura de san Francisco, Latín
MAVROS FVREN/TES STERNIT.
VICTOR / TRIVMPHO / NOBILI.as
MVNDVM ET / VITIA VINCIT. (Derriba aos furiosos mouros. O vencedor co nobre triunfo vence ao mundo e aos vicios)
Baixo as inscricións en cinta na parte inferior da escena, Latín
MARCOS DE OROZCO DELIN(eavit). / ET EXCULPSIT MTT. 1698.
Datación 1698
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Madrid (España, Europa do Sur)
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Luces de peregrinación. Museo Arqueológico Nacional, Madrid. Diciembre-Marzo de 2003. Luces de peregrinación. Monasterio de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela. 7 Abril 2004-23 mayo 2004. Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007. San Francisco. Peregrino y nuevo apóstol, Palazzo Bonacquisti, Asis (Italia), do 22 de agosto ao 20 de outubro de 2013.
Clasificación Razonada O título desta obra aparece recollido nas cintas que se sitúan na parte inferior da mesma, a esquerda e baixo a figura de Santiago: MAVROS FVREN/TES STERNIT.; no centro e baixo o cabaleiro: VICTOR / TRIVMPHO / NOBILI.; e a dereita, baixo a imaxe de san Francisco: MVNDVM ET / VITIA VINCIT. Cuxa tradución -Derriba aos furiosos mouros. O vencedor co nobre triunfo vence ao mundo e aos vicios-, alude ao cabaleiro quen, axudado pola fe e polas armas, e capaz de vencer calquera tipo de mal a través do exemplo de Santiago e San Francisco. Como apuntou Manuel Silva hai que concibir este gravado inmerso nun momento histórico no que se estaba a desenrolar un proceso de exaltación da Orden Militar de Santiago; xa que durante o século XVII e de algunha maneira, en competencia coas demais Ordenes de Cabalería, a de Santiago convértese nun paradigma, conseguindo a hexemonía sobre as demais.
A imaxe de Santiago foi profusamente difundida e ensalzada a través das estampas da época barroca, o que respondía a razóns tanto políticas como relixiosas; e de entre as iconografías coñecidas, maioritariamente representase vitorioso na súa lendaria participación en Clavijo, escena que, loxicamente, era a preponderante naquelas obras que tratan sobre a súa Orden Militar. A imaxe de Santiago peregrino xunto a san Francisco foi tamén moi popular, principalmente en Galicia e en todo o Camiño Francés; xa que segundo se recolle na compilación Actus Beati Francisci et sociorum eius, composto entre 1328-1343 e na súa vulgarización Las florecillas de San Francisco, o santo mendicante chegou a Compostela en 1219, onde lle foi revelada a súa vocación fundacional. Esta tradición, non probada, influíu eficazmente na gran popularidade de este tipo de representacións. O inusitado nesta estampa é a asociación de san Francisco con Santiago na súa iconografía de matamouros, pero hai que entender esta alianza como a suma de dúas forzas: as armas do soldado e as armas da fe que, conxuntamente, deben ser as virtudes que adoben o cabaleiro santiaguista.
Todas as imaxes estanse a relacionan entre elas mediante unha conversa establecida grazas as lendas incluídas nas filacterias direccionais e con elas interrelacionan as personaxes do nivel superior e do mesmo xeito as situadas no inferior, así como os dous niveis entre si. A transcrición e tradución das lendas confirma este diálogo e a teoría de que nos atopamos ante unha alegoría do bo cabaleiro.
As armas que presenta o cabaleiro pertencen o Ducado da casa de Alba de Tormes outorgadas por Henrique IV de Castela no 1465 -Real cédula de privilegio, 1472- a D. García Álvarez de Toledo y Enríquez. En 1698, data de realización do grabado, ostenta estas armas don Antonio Martín de Toledo y Guzmán, IX Duque de Alba (11-11-1669 al 28-05-1711).
Finalmente baixo as inscricións en cinta da parte inferior da escena aparecen outras que desvelan a autoría desta estampa e a súa data de realización: MARCOS DE OROZCO DELIN(eavit). / ET EXCULPSIT MTT. 1698, aquí se indica que Orozco foi quen realizou o debuxo e quen se encargou de abrir a lámina. Este gravador madrileño realizou o seu traballo na segunda mitade do século XVII e contase entre os artífices máis prestixios do momento xunto a Pedro de Villafranca, Alonso Orozco, Francisco de Herrera el Viejo, Matías de Arteaga, Pedro Perret o Francisco Heylan. Son numerosas as obras que del se conservan e gracias as que podemos realzar a súa labor en moi diferentes temáticas: A portada para o libro de J. de Veitia Norte de la contratación de las Indias Occidentales (Sevilla, Juan de Blas, 1671); os emblemas da obra de Juan Baños de Velasco L. A. Séneca ilustrado en blasones políticos (Madrid, Mateo de Espinosa y Arteaga, 1670) ou o mapa das illas Filipinas que gravou en 1659. Entre os moitos gravados piadosos que chegaron ata nos podemos citar o de "Nuestra Señora Santísima de Atocha" adicada polo convento dos dominicos a Carlos II en 1668 e o de "Nuestra Señora de la Caridad" que lle foi encargado pola vila de Illescas. Pero a súa maior produción e onde destacou principalmente foi na especialidade do retrato, ámbito moi difundido na época, xa que foron moitos os encargos que executo con imaxes de persoas virtuosas e exemplares para fomentar a devoción cara elas.
Bibliografía GIGIREY LISTE, María Esperanza. Santiago e São Francisco. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. I, p.p. 270-273.

Pellegrino e nuovo apostolo: San Francesco nel Cammino di Santiago, Palazzo Bonacquisti, Assisi, dal 22 agosto al 20 ottobre 2013. Singul, Francisco(dir). Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2013. Cat. páx. 586; fig. pp. 250-251.

SILVA HERMO, Manuel. Gravado con Santiago cabaleiro, San Francisco e un cabaleiro santiaguista. Luces de Peregrinación: [exposición] Museo Arqueológico Nacional Madrid, 19 decembro 2003 - 14 marzo 2004. Museo Diocesano, Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 7 abril - 23 maio 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez, Carmo Iglesias Díaz y Juan Navarro. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2003. pp. 452-453.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 22/07/2002
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6