Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario FD/D-6455
Clasificación Genérica Documentos e publicacións; Documentos
Objeto/Documento Credencial
Nombre Específico Credencial de peregrino
Autor/a Deseño e debuxos: Munehiro, Ikeda [É un dos artistas e intelectuais máis recoñecidos do Xapón. Aínda que se considera fundamentalmente escultor, practica tamén outras disciplinas artísticas como a pintura e o debuxo. Gran coñecedor e difusor do Camiño de Santiago. Ver inv. FM. D-196.]
Título Credencial del Peregrino / Camino de Santiago. Japón.
Materia/Soporte Cartolina
Técnica Impresión
Dimensiones Ancho máximo = 16 cm; Longo = 72 cm
Descripción Credencial despregable composta de sete follas de dúas caras. Unha cuberta principal encabezada polo título en castelán e xaponés,
no que o "C" de Credencial constituése nunha capital decorada con lazo e flores; no centro a Cruz de Santiago inscrita no sol vermello da bandeira xaponesa e co nome de "Japón"; ao pé o nome da Asociación. Á esquerda, a imaxe de san Miguel Arcanxo. No anverso da seguinte folla, un mapa coas principais rutas xacobeas en Francia e España. No ángulo superior esquerdo, a imaxe da Traslatio seguindo os modelos utilizados no escudo de Padrón; no lado dereito unha franxa franqueada con dúas bandas con flores e espigas contendo no interior dúas oracións en xaponés, unha do Arcanxo san Miguel, outra, a oración do peregrino no momento da saída. Na parte oposta destas dúas follas primeiras aparece o texto de dúas oracións, en xaponés e en castelán, son a bendición do peregrino baseada no texto "Veneranda dies" do Códice Calixtino e outro texto alusivo á peregrinación do Arquebispo de Tokyo. Derredor, unha banda decorada, sobre fondo de flores e ácimos de uvas, de atributos relixiosos cristiás, como os emblemas dos evanxelistas, a Cruz da Paixón, o Cordeiro Místico, etc.
A seguinte folla, na banda esquerda o perfil en branco da catedral de Santiago co fin de acoller o selo da Oficina de peregrinos de Santiago de Compostela,debaixo, espazos para sinalar a data do día da chegada. Unha imaxe do Apóstolo Santiago separa esta banda doutra na que aparecen espazos para os datos persoais do peregrino, como nome e apelidos, enderezo, teléfono de urxencia para contactar, número de pasaporte e modo de facer a peregrinación. No anverso da páxina 4, aparecen, a esquerda unha cartela baleira coa fin de recoller o selo do primeiro lugar onde se inicie o camiño de Santiago; á dereita un espazo en branco para estampar o selo do lugar que expide a Credencial, neste caso, a catedral de St. Mary de Tokyo.
As follas restantes están ocupadas polos espazos dedicados a conteren os selos dos correspondentes puntos polos que descorre o Camiño. O anverso da contraportada recolle en xaponés "Consideraciones necesarias" para facer o camiño. Derredor diversos debuxos alusivos aos atributos tradicionais do peregrino, como a escraviña, o bordón e a cabaza, así como trebellos actuais imprescindibles para un camiñante como un bocadillo, unha navalla, ou unha pinza da roupa entre outros. No reverso desta mesma contraportada, a esquerda, aparece o plano da catedral de Santiago e da Cripta Apostólica; á dereita, a "Oración del peregrino" en xaponés e en castelán.
Iconografia Anverso páxina terceira: Santiago Peregrino;
Anverso páxina 1: Arcanxo San Miguel;
Anverso páxina 8: Vieira;
Anverso páxina 1: Cruz de Santiago;
está inscrita nun círculo en blanco que a súa vez presenta inserta unha forma de vieira. Todo cos dous cores da bandeira xaponesa, branco e vermello.
Inscripciones/Leyendas Anverso da páxina 1. É a cuberta principal da credencial ó estar pregada., Impresión, Latina, Castelán, Letra capital
Munehiro, Ikeda
LA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DEL CAMINO DE SANTIAGO EN JAPÓN
Datación 2009
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Tokio (Xapón, Extremo Oriente)
Descriptores Geográficos Tokio
Lugar de Procedencia Xapón
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Pilgrimage and faith: Buddhism, Christianity and Islam. Rubin Museum of Art. Nova York, do 1 de xullo ao 26 de outubro de 2011.
Clasificación Razonada A credencial de peregrino da "Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Japón" ten un dobre interese toda vez que é a que leva o número 1 das novas credenciais facilitadas no Xapón para os peregrinos xacobeos. Foi utilizada por Masakatsu Toiya que, partindo de Saint Jean Pied de Port o día 6 de maio de 2009, peregrinou a Compostela polo Camiño Francés chegando á meta en data 23 de xuño. Doutra banda, ten un interese especial porque foi deseñada de xeito especial por Munehiro Ikeda, un dos artistas e intelectuais máis recoñecidos no Xapón que, aínda que se considera fundamentalmente como escultor, practica tamén outras disciplinas artísticas entre as que a pintura e o debuxo están moi presentes. Pero Munehiro Ikeda ten unha importancia fundamental cando se trata do Camiño de Santiago toda vez que é un gran coñecedor e difusor desta ruta no seu país.
Entre as obras realizadas figura a monumental obra "El camino de Santiago en España 1983-1986", na que debuxa o Camiño Francés con todos os seus enclaves máis senlleiros e detalles mínimos dende os Pirineos ata Santiago, chegando a Fisterra. O orixinal está exposto no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Algunhas referencias sobre o artista son as seguintes:

1939 Naceu en Tokío (Xapón)
1963 Rematou os seus estudos de Belas Artes e especializouse en Escultura na
Universidade Musashino.
1970 Obtivo o premio "Paz" na exposición-competición da 36ª edición "Arte
Libre".
1983 Estudou arte románica en España como bolseiro do Ministerio de Cultura
xaponés.
Forma de Ingreso Depósito por doazón
Fecha de Ingreso 21/07/2010
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6