Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1210
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura; Metalistería
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Varios santos
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira [Ten veludo por detrás da icona]
Elementos sustentados: Témpera [Cores: ocre, marrón e branco.
Só se ven as carnacións.]
Oklad: Metal [Cores: prateado e dourado]
Técnica Pintura a man alzada
Oklad: Repuxado
Recortado
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 3,50 cm; Altura = 30,70 cm; Anchura = 25,90 cm
Descripción O oklad ten forma de marco rectangular cun óvalo inscrito. Nas esquinas hai unha flor de oito pétalos e follas abultadas. O borde do óvalo ten unha decoración de boliñas. Dentro do óvalo aparecen catro figuras en primeiro termo. As dúas da esquerda visten traxes moi elegantes. O da esquerda vai vestido coma un bispo e podería ser Santiago, bispo de Xerusalén. O terceiro personaxe comezando pola esquerda leva unha roupa máis curta que lle deixa ao aire as pernas e medio corpo. É posible que estes dous personaxes do centro sexan Floro e Lauro. Ao seu carón, unha figura feminina coa cabeza cuberta, probablemente santa Parasceves. Os nimbos en forma de raios ou potencias están recortados no metal e colocados con cravos. Sobre estes santos hai un círculo cunha decoración de pequenos puntos refundidos onde se ve unha cabeza coroada que ten a cara recortada para que se vexa a pintada orixinalmente na icona que está debaixo.
Iconografia Icona: Santo; Santos Floro e Lauro; Santa Parasceves
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior, Gravado
(1800-1899)
Datación 1800-1899 (S. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Lugar de Procedencia Estonia
Lugar Específico/Yacimiento Tallin
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona sexa doméstica. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6