Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-839
Clasificación Genérica Pintura; Cristianismo: obxectos rituais e cerimoniais; Obxectos de Arte
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Escola española
Título Apoteose de Santiago
Materia/Soporte Lenzo
Pintura ao óleo
Técnica Óleo sobre lenzo
Dimensiones Profundidade = 5 cm; Alto máx = 49,50 cm; Ancho máx = 41 cm
Descripción Representación pictórica do apóstolo Santiago. En primeiro plano aparece Santiago o Maior cun canon estilizado coa indumentaria propia da súa condición de apóstolo singularizada pola presenza de atributos de peregrino. Veste túnica de cor azul de mangas longas que se cingue á cintura e deixa visibles os pés descalzos que mostran unha disposición de camiñar. Sobre a túnica luce un manto vermello que se adiviña nos ombreiros e se cruza, enrolado a medio corpo da esquerda á dereita. Cubre os ombreiros cunha esclavina de tonalidade verdosa que se decora decorada cunha vieira a cada lado. A cabeza, nimbada e cunha estrela, aparece descuberta deixando ver o cabelo louro en rizos que descansan nos ombros. A barba ofrece unha cor e un tratamento semellantes ao do cabelo. Coa man esquerda suxeita un libro pechado e coa dereita, separada do corpo, un fino e longo bordón con pomo e cunha diminuta cabaza que colga do característico gancho. Nun segundo plano aparece a luz divina que irradia do ceo formando un claro rodeado de dous pares de querubíns que delimitan tal luminosidade do resto do ceo representado mediante cúmulos de nubes escuras e turbulentas. Na parte baixa adivíñase un ceo mais calmado e azul sobre o que se sitúa unha inverosímil peana na que se apoia Santiago que, polo demais, parece levitar.
Esta representación ten como finalidade a glorificación ou o ensalzamento de Santiago pois trátase dunha apoteose na que o Apóstolo aparece divinizado.
Conserva un marco da época moldurado. esgrafiado e dourado.
Iconografia Santiago Apóstolo
Datación 1776=1800
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca España (Europa do Sur, Europa)
Uso/función Devocional
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 07/05/2007
Catalogación Domínguez Pallas, Desirée; Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6