Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 596
Clasificación Genérica Pintura; Obxectos devocionais; Obxectos de acondicionamento do edificio: decoración
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Juanes, Juan de (Lugar de nacimiento: Font de la Figuera (La), 1523[ca] - Lugar de defunción: Bocairent, 1579) [Tamén coñecido como Joan de Joanes. Joan Macip Navarro. Nato: na primeira década do século XVI. + 1579. Fillo do pintor valenciano Vicente Macip. Documentalmente aparece traballando en 1531 co seu padre ata a morte deste en 1551.]
Título Santiago peregrino
Materia/Soporte Madeira
Técnica Óleo sobre táboa
Dimensiones Longo = 14 cm
Táboa: Anchura = 70 cm; Alto máx = 84 cm
Descripción Representación idealizada de Santiago Apóstolo, en tres cuartos, con todos os atributos propios do peregrino xacobeo: o sombreiro, de aba volta decorado cunha vieira flanqueada por dous grupos de pequenos bordóns entrecruzados a modo de aspa e tras o que se dispón unha aureola alusiva á súa santidade; o bordón, suxeitado en primeiro plano coa man dereita; e o libro, agarrado polo extremo inferior coa esquerda. A imaxe aparece recortada sobre un fondo neutro de tonalidades claras que contribúe a dar monumentalidade á figura ataviada coa característica túnica, de cor verde, e cun envolvente manto de intensa cor vermella. O cabelo, longo e rizo, e a barba bífida enmarcan un estilizado rostro onde destaca a mirada ensimesmada, doce, serena, aínda que con expresión de certa tristeza. As amplas masas de cor son tratadas con mestría ata o punto de converterse nas protagonistas dunha composición equilibrada e estudada.
Iconografia Santiago Peregrino
Datación 1560-1570
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Valencia (m) (Valencia (comarca), Valencia-València (p))
Uso/función Devocional.
Fechas Referencia 1531
Descriptores Geográficos Valencia (m)
Lugar de Procedencia Valencia (m)
Lugar Específico/Yacimiento Igrexa do Convento de la Corona de Jesús de los Religiosos de San Francisco de Valencia.
Historia del Objeto Estaba colocado sobre a mesa do altar de San Xoaquín. Trala desamortización, a pintura pasa a mans particulares ata o 10 de xaneiro de 1974, momento en que Dª Teresa Roglá fixo entrega á casa Macarrón do cadro para o seu traslado o 16 do mesmo mes ao Instituto Central de Restauración, onde foi restaurada e logo enviada a este museo. Foi prestada temporalmente o 22 de novembro de 1979 á Dirección General de Patrimonio Artístico, Archivos y Museos para ser exhibida na Exposición Conmemorativa do lV centenario da morte de Juan de Juanes. Ten unha etiqueta da Exposición no reverso da táboa. Para o montaxe do Museo das Peregrinacións foi desmontado o marco dourado que se atopa no almacén G1.
Clasificación Razonada O rostro é similar aos empregados polo autor en outras imaxes como as do Salvador Eucarístico e ás dos Profetas Daniel e Malaquías do Museo de Bellas Artes de Valencia, un esquema que parte, ao mesmo tempo, do Cristo da Última Cea do Museo do Prado. No que respecta á factura, cómpre dicir que o remate do tratamento dos cabelos acostumaban a facelo as súas fillas, que tamén traballaban no seu taller.
O fondo desta obra non presenta paisaxe algunha, ao contrario doutras obras anteriores nas que é habitual a presenza de arquitecturas clásicas ou renacentistas da época. Así mesmo, os tons empregados na pintura son os característicos da última etapa deste artista, máis luminosos e cálidos que nas épocas anteriores.
O cadro foi levado á estampa por Francisco Martí, quen recibiu por ela o Premio de Grabado da Real Academia de San Carlos en 1786. Precisamente, neste gravado poden verse as partes do cadro hoxe desaparecidas.
Bibliografía DIAZ FERNÁNDEZ, Concepción. Santiago Peregrino. Santiago y la monarquía de España (1504-1788) : [exposición] Colegio de Fonseca, Santiago de Compostela, 2 de julio-19 de septiembre de 2004, coordinado por Guiomar de Carlos Boutet. Madrid: Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, 2004. pp. 220-221.

ROSENDE VALDÉS, Andrés. Santiago Peregrino [Óleo sobre táboa, Joan de Joanes]. Santiago, Camino de Europa: culto y cultura en la peregrinación a Compostela, edición a cargo de Serafín Moralejo y Fernando López Alsina. Santiago de Compostela: Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, 1993. pp. 486-487.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6