Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-924
Clasificación Genérica Obxectos de expresión artística; Artes plásticas; Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Anónimo [Posiblemente italiano]
Título Mozo peregrino a Santiago e a Roma
Materia/Soporte Táboa
Pintura ao óleo
Técnica Óleo sobre tábla
Dimensiones Profundidade = 3 cm; Alto máx = 34 cm; Ancho máx = 27,50 cm
Descripción Sobre un fondo negro disponse un busto dun personaxe masculino mozo en actitude de abstración, coa cabeza flexionada cara a súa esquerda. O traballo da cara é unha sucesión de gradación de cor que lle proporciona un volume de faccións delicadas con ausencia case total de liñas de debuxo agás as perimetrais. Presenta cellas finas e perfiladas; ollo dereito que volve a vista cara a arriba; boca entreaberta deixando percibir os dentes; orella dereita tratada con gran realismo; melena loura e voluminosa traballada con gran pericia debuxando case cabelo a cabelo combinando tonalidades avermelladas con finos toques dourados que dan volume e soltura, técnica que utiliza para a incipiente barba e bigote que case non se distinguen da pel.
Da vestimenta apréciase unha esclavina en tons verdosos, que parece lucir sobre unha túnica branca que asoma polo escote e un manto vermello, decorada cunha fina composición de candelieri. no que se combinas os elementos fitomorfos con outros abalaustrados de xeito caprichoso pero estudado adaptándose ao perfil lobulado da prenda, semellando un bordado con fíos de ouro. Marcando o centro da esclavina e cerrando un incipiente escote en pico, sitúase unha cuncha de vieira naturalista, como insignia propia da peregrinación xacobea. Á dereita da vieira sitúanse as chaves cruzadas coroadas coa tiara, emblema da peregrinación romana.
Polo reverso conserva un selo de lacre e un texto non descifrado, evidencia da pertenza no seu día a algunha colección.
Iconografia Vieira; Chaves con Tiara
Firmas/Marcas/Etiquetas No reverso, ángulo superior dereito
[Selo de lacre e texto manuscrito non identificados]
Datación 1501=1600
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Italia (Europa do Sur, Europa)
Uso/función Devocional
Clasificación Razonada Esta pequena táboa representa unha figura moi ao gusto italianizante, reproducindo técnicas de traballo experimentadas por Leonardo da Vinci e outros grandes mestres italianos.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 28/08/2008
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6