Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1399
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De culto
Autor/a Anónimo
Título Arcanxo san Miguel cunha santa
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira
Elementos sustentados: Témpera [Cores: vermello, azul, verde, branco, ocre, marrón e amarelo]
Kiot: Madeira [Composto por unha caixa de madeira marrón escuro e un marco tallado e dourado.]
Técnica Policromado
Estucado
Kiot: Talla
Dourado
Dimensiones Kiot: Profundidade = 8,90 cm; Altura = 46,20 cm; Anchura = 42,50 cm
Descripción Icona de madeira de forma rectangular introducida dentro dun "kiot". Este está sen cristal, é de cor marrón e presenta unha fronte dourada con ouro fino que fai de marco tallado con motivos vexetais.
O arcanxo Miguel está vestido coma un soldado romano, cunha coiraza prateada con elementos dourados, con casco e cun "himation" vermello. Ten ás e leva na man esquerda o que parece ser unha espada ardendo. Elévaa mentres mira tamén para arriba. O mesmo fai a santa que está á súa esquerda, vestida con túnica longa de cor vermella, manto verde e veo branco.
Iconografia Icona: Arcanxo San Miguel; Santa
Datación 1800-1899 (S. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona poida ser das destinadas ao culto xa que estas tendían a ser de maior tamaño. Situábanse ao lado dos iconostasios ou na parte interior da entrada das igrexas. A partir do século XVII era frecuente introducilas en caixas de madeira e protexelas do fume dos cirios por un cristal.
O arcanxo Miguel aparece no libro de Daniel como príncipe e xefe das hostes celestiais e como protector de Israel (Daniel 10.13 e 12.1). Non obstante, non será ata a chegada da Idade Media cando chegue a ser guerreiro e protector celestial, xa que antes asociábase sobre todo co coidado dos enfermos.
Na antiga Rusia era considerado o protector dos príncipes máis importantes e era común representalo levando unha capa de cor escarlata, que en Bizancio e na Rusia medieval era símbolo da virtude principesca.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 02/06/2014
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6