Clasificación Razonada |
Despois de asinar un acordo con IBSA (Industria Ballenera, S.A.), que tiña a concesión da pesca de baleas nestas augas, Massó inicia en Cangas as capturas co buque Lobeiro, adquirido co resto do equipamento da factoría de Benzú (Ceuta). Á frota engadiranse o Carrumeiro e o Cabo Morás, procedentes da factoría de Getares (Cádiz), os tres construidos en Inglaterra en torno a 1930. Os cazabaleeiros empregaban motor de vapor para reducir ao mínimo o ruído que escorrentaba ás baleas.
|