Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario DX0080/5
Clasificación Genérica Cerámica
Objeto/Documento Prato
Materia/Soporte Louza
Dimensiones Altura = 2,80 cm; Diámetro = 20,60 cm
Descripción Formalmente, o prato presenta un corpo pouco profundo con borde horizontal e o solero plano, mentres que a súa pasta homoxénea, compacta e depurada, con algunhas pequenas intrusións, ten a tonalidade branco marfil característica de talleres valdarneses, ao igual que o vídro estannifero, de cor branco-gris leitoso, brillante, denso e fino co que se cubre completamente a peza.
Decorado en azul escuro, amarelo, ocre-marrón e alaranxado e coa ala do prato presentando unha orla central de cor azul escura con gramática decorativa en negativo; ala que enmarca un tema central de carácter xeométrico. A orla central á súa vez aparece delimitada por dous filetes, o primeiro de cor laranxa sobre o que se engaden breves pinceladas equidistantes de pigmento azul, e o exterior, de cor amarela sobre o que de forma equidistante se engaden puntos de cor ocre-marrón a base de pigmento espeso e percibible co tacto. No centro vense motivos decorativos dentados e letras U realizadas por eliminación do pigmento azul.
Datación 1476=1533
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Montelupo (Italia, Europa)
Uso/función Servizo de mesa
Lugar de Procedencia Ourense (l)
Lugar Específico/Yacimiento Casa dos Gayoso
Historia del Objeto EXPOSICIÓNS:
Ano 2004: Ata o Confín do Mundo. Diálogos entre Santiago e o mar. Museo do Mar, Vigo (do 28 de xullo ao 3 de outubro de 2004).
Clasificación Razonada Esta peza corresponde pola súa iconografía decorativa e polas empregadas a tipoloxía cerámica de Montelupo a unha serie denominada "blu graffito" que coincide coa idade de ouro das producións montelupinas
Bibliografía VV.AA.. Ourense. A Cidade, da orixe ao século XVI. Catálogo da exposición. Coruña (A) (l): Museo Arqueolóxico de Ourense. Xunta de Galicia, 2008. p. 79. Vitrina 22.

XUSTO RODRÍGUEZ, M. Prato de Montelupo (Toscana, Italia). Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 06/2006. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2006_06_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6