Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario FD/D-13745
Clasificación Genérica Artes plásticas
Objeto/Documento Debuxo
Autor/a Colmeiro Guimarás, Manuel (Lugar de nacimiento: Chapa, 07/08/1901 - Lugar de defunción: Salvaterra de Miño, 01/10/1999)
Título Catedral y Plaza de los literatos
Materia/Soporte Papel
Técnica Debuxo
Dimensiones Ancho máximo = 250 mm; Alto máximo = 150 mm
Descripción Vista da Catedral de Santiago desde a Praza da Quintana. A cabeceira románica e pola esquerda o soportal coas arcadas da Casa da Conga.
Mediante unha liña diagonal representa as escadas que separan as dúas Quintanas, a dos mortos e a dos vivos.
Iconografia Catedral de Santiago de Compostela; Praza da Quintana
Inscripciones/Leyendas Ángulo inferior esquerdo, Estampación
Dentro dun marco case circular: colmeiro/Nº Inventario/ 5857 (o número está esrito manualmente) [Trátase da numeración dada pola familia cando procedeu ao inventariado da obra de Colmeiro]
Firmas/Marcas/Etiquetas Ángulo inferior dereito do debuxo, Lapis sobre papel
Colmeiro Guimarás, Manuel
Catedral y Plaza de los Literatos/ Santiago de compostela 1929
Datación 1929
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Descriptores Geográficos Santiago (Casco Histórico); Santiago (Casco Histórico)
Historia del Objeto Familia Colmeiro
Galería Montenegro (Vigo)
Clasificación Razonada O seu labor como pintor ao óleo está amplamente recoñecido e estudado, con todo, o seu traballo como ilustrador e debuxante non alcanzou do mesmo xeito ao gran público e tampouco foi obxecto de estudos monográficos aínda que nos nosos días empeza a recoñecerse como excepcional a súa obra gráfica tamén.
Na súa primeira etapa arxentina o debuxo fora habitual nel e en gran medida un medio idóneo de aprendizaxe, naquela época debuxaba a contorna portuaria da Boca, e con carácter sintético e trazos expresionistas debuxou escenas figurativas con obreiros portuarios, guindastres, barcos, etc.
Na súa posterior estancia galega, entre 1926 e 1936, continuou realizando debuxos de temática popular e sensibilidade social entre os que están os que trazou sobre a ría de Vigo e o seu porto. Os debuxos que neste caso nos ocupan entrarían cronoloxicamente neste período cronolóxico, xa que están datados entre 1928 e 1929, e ao respecto, sabemos que despois da súa voda con Emilia González Colmeiro o matrimonio desprazábase a miúdo a Pontevedra e a Santiago de Compostela onde Manuel participaba en faladoiros con outros coñecidos persoiros da nosa terra polo que é de supor que aproveitaba tamén para debuxar e tomar apuntes a lapis.
Este debuxo, xunto con otros dous ingresados neste museo, reflicte de xeito sinxelo a súa mirada sobre Compostela, o estilo unifica aos tres que reflicten a cidade ou os seus edificios relixiosos máis recoñecibles.
Son debuxos caracterizados pola súa sinxeleza, pola elementalidade pero en ningún caso esconden a calidade dos trazos e unha visión de conxunto que él sintetiza en poucos detalles executados con rapidez e sen rectificacións, con trazos inacabados, únicamente esbozados pero iso non impide que percibamos a monumentalidade da catedral de Santiago e da praza da Quintana, un lugar de convivencia mística de vivos e mortos pola que camiñan pequenas figuras simplemente insinuadas aínda que un deles parece ser crego xa que parece ser un bonete o que leva na cabeza.
Na súa posterior etapa vital, a parisiense, entre 1949 e 1986, continuou debuxando amplamente e o espazo urbano de París coas súas pontes, as barcazas do Sena, Notre Dame, prazas e xardíns foron obxecto cotiá do seu lapis nun labor gráfico que continuaría case ata o final da súa vida.
Forma de Ingreso Depósito por compra
Fecha de Ingreso 11/05/2023
Catalogación Aneiros García, Roberto; Rosas Alonso, María Reyes
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6