Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-184.6928/3441
Clasificación Genérica Obxectos de actividades lúdicas; Xogos e xoguetes
Objeto/Documento Chifre
Materia/Soporte Cerámica
Técnica Cocción reductora
Alisado
Moldeado
Incisión
Dimensiones Longo = 6,10 cm; Altura = 4,10 cm; Anchura = 2,80 cm
Descripción Chifre en forma de paxaro con decoración incisa: paxariño ou pomba. Ollos e pico debuxados na cabeza mediante incisión. A plumaxe tamén está representada mediante liñas e trazos estriados, en sentido vertical e horizontal, no corpo do chifre. Presenta unha perforación circular na cabeza e no lombo da ave, tamén denominada "caixa de ventos". Peza realizada a molde. Pasta de cocción redutora, gris, compacta e relativamente ben depurada.
Iconografia Aves
Datación 1=400
Contexto Cultural/Estilo Época romana
Uso/función Obxectos de actividades lúdicas: xoguetes.
Lugar de Procedencia Iria (Santa María)
Lugar Específico/Yacimiento Xacemento romano
Clasificación Razonada Esta peza catalógase como chifre en forma de ave, dentro da rama denominada "con representación de plumaxe", están realizadas a molde e o seu plumaxe e outros detalles da representación (pico e ollos) veñen indicados con incisións e estrías (Gijón Gabriel, 2004: 76). Na súa maioría son pezas moi coidadas e de gran realismo. Dentro da mesma clasificación das terracotas do Museo Nacional de Arte Romano de Mérida realizado por Eulalia Gijón Gabriel, esta peza seguindo as súas características físicas encadraríase como paxiriño ou pomba.

Algúns investigadores apuntan a que estas terracotas con forma de aves puideron ter relación co culto a determinadas divindades, no caso dás aves sóese vincular ao galo con Mercurio e á pomba con Venus (Gijón Gabriel, 2004: 46). Os chifres con forma de animais son obxectos que poden aparecer asociados á infancia. Normalmente seguen as técnicas tradicionais da olería do lugar de fabricación (Bustamante Álvarez, 2011: 77). Este tipo de producións con forma de aves son relativamente abundantes na cidade de Augusta Emerita con auxe no século II d.C. No referente a chifres en forma de ave destacan as reproducións de galináceas (Bustamante Álvarez, 2011: 77).

A peza presentada procede das intervencións de urxencia levadas a cabo entre os anos 1993/94 na zona de Horta, localidade de Iria Flavia, baixo a dirección técnica de Álvarez González e López González. Os traballos arqueolóxicos inícianse como resultado da construción da vía férrea que afecta a este terreo, zona de gran relevancia arqueolóxica (Álvarez González e López González, 1994: 9). A escavación en área sacou á luz unha serie de estruturas construtivas que poderían formar parte do antigo núcleo urbano de Iria (Álvarez González e López González, 1994: 9).




BIBLIOGRAFÍA:
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Y. y LÓPEZ GONZÁLEZ, L. F. (1994): Informe preliminar da excavación no xacemento de "Iria Flavia", Padrón, A Coruña-1994, Depositado en los Servicios Técnicos de Arqueoloxía de la Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
BUSTAMANTE ÁLVAREZ, M. (2011): La cerámica romana en Augusta Emerita en la época altoimperial. Entre el consumo y la exportación, Serie Ataecina, nº 7, Mérida.
GIJÓN GABRIEL, E. (2004): Las terracotas figuradas del Museo Nacional de Arte Romano de Mérida, Cuadernos Emeritenses, 24.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; del Río Canedo, Verónica
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6