Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 1938
Clasificación Genérica 02.Vinicultura; 02.MANUFACTURA
Objeto/Documento prensa
Autor/a Fundición Malingre (act. 1850[ca]-1979)
Materia/Soporte ferro [A materia predominante é o ferro,aparecendo a madeira nas portas e no cepo.]
Técnica produción industrial
Dimensiones Alto = 131 cm; Diámetro = 75,50 cm
Descripción Utensilio realizado enteiramente en ferro. Elévase do solo por medio de tres pés, sobre os que se monta o prato, do que tamén parte o fuso en sentido vertical. O prato presenta unha pequena oquedade circular por onde se evacúa o líquido, coñecida como bico do prato. Os dous canistreis únense mediante un sistema de chavellas, onde encaixan as pechas. No fuso acóplase un mecanismo cunha cavidade lateral, na que se disporía a panca que acciona o sistema e da que a prensa carece. No interior descansan unha serie de pezas de madeira: As dúas portas semicirculares que actúan a modo de tapa e o cepo, que encaixa no fuso.
Firmas/Marcas/Etiquetas No cepo. Sobre unha placa.
FUNDICIÓN Y TALLERES DE CONSTRUCCIÓN/ MANUEL MALINGRE/ ORENSE
Lugar de Producción/Ceca Ourense (p) (Galicia C, España)
Uso/función Emprégase para o prensado do bagaño (a uva tras ser sometida ó proceso de pisado ou estrullado).
No caso do viño branco o prensado é inmediato, co tinto débese agardar á fermentación, para prensar acto seguido.
Procédese botando o bagaño no corpo da prensa ate encher os canistreis; a continuación, cóbrese este polas portas. Do mecanismo acoplado na parte superior do fuso sairía unha panca (que a peza non conserva) e que permite accionalo, xirando en sentido descendente a través da rosca, para xerar unha presión que o cepo distribúe ó conxunto do bagaño, que queda deste xeito prensado ou espremido, verténdose a través do bico do prato.
A medida que se prensa iríanse dispoñendo o resto de cepos (a prensa só presenta un) en pares cruzados, segundo fose necesario, para salvar a diferencia de altura. Rematada a operación desmóntanse os canistreis e procédese a retirar o bagaño destinado á fabricación de augardente.
Trátase dun exemplo de prensa de ferro que ven a superar ós modelos de madeira xurdidos a finais do século XIX. Actualmente, esta variante de prensa é empregada pola práctica totalidade de viticultores, converténdose nun obxecto habitual das adegas tradicionais.
Lugar de Procedencia Ferrol (comarca)
Clasificación Razonada A peza figuraba previamente catalogada coma prensa para facer sidra. Independentemente de que fora empregada tamén para o prensado de mazá, este non debeu de ser o seu uso exclusivo, correspondéndose cos modelos utilizados para o prensado da uva (bagaño).
Debido ó exposto óptase por clasificar ao obxecto como -prensa-, termo suficientemente amplo.
Bibliografía Colección vitivinícola, 1. Coruña: 2010. 64-65.
Catalogación Castro Carballal, Victor Manuel
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6