Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-1279
|
Clasificación Genérica |
Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
|
Objeto/Documento |
Icona
|
Tipología/Estado |
Doméstica
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Natividade de Cristo con catro escenas máis
|
Conjunto |
Colección de iconas rusas
|
Materia/Soporte |
Soporte: Madeira Marrón [Ten dúas travesas horizontais por detrás] Elementos sustentados: Témpera [Cores: vermello, azul, verde, branco e marrón] Ouro Dourado
|
Técnica |
Pintura a man alzada Dourado Pintura á témpera
|
Dimensiones |
Icona: Profundidade = 3,70 cm; Altura = 36,40 cm; Anchura = 31,60 cm
|
Descripción |
Icona rectangular que ten un marco pintado en cor ocre rematado cunha liña vermella por fóra e negra por dentro.
Aos lados hai representados santos. Á esquerda represéntase unha santa cunha cruz branca na man e debaixo un santo vestido de vermello e verde co ormophorion con cruces vermellas sobre fondo negro. Ao outro lado hai un santo novo vestido de vermello e azul e cunha cruz branca na man. A escena está dividida en catro cadros cun círculo no centro. Dentro do círculo está representado o Nacemento de Cristo. O Neno vestido de branco está sobre o pesebre. Á esquerda, tres homes de distintas idades ofrécenlle presentes, á dereita a súa nai sobre un estrado, vestida de azul e vermello, e detrás o boi e a mula (que parece un cabalo) de cor branca. San Xosé está apartado da escena sentado e pensativo.
A icona complétase con catro escenas, como se dixo. A primeira (comezando desde arriba á esquerda) representa a san Miguel. Aparece coroado e con ás, montado sobre un cabalo vermello con alas e tocando unha trompeta, levando na outra man un libro e unha lanza que crava nun lume. Na seguinte escena aparece san Demetrio, vestido de soldado e con capa vermella, cravando unha lanza contra un rei sobre un cabalo branco mentres un anxo vai coroar ao santo. Nesta mesma escena aparecen á esquerda dous homes que portan unha icona e detrás hai un anxo; ao fondo hai unha arquitectura. A escena inferior esquerda representa a san Bonifacio mozo, vestido con túnica azul e manto vermello e levando unha cruz na man esquerda. A escena da dereita é a representación da Virxe da Silveira Ardente. A Virxe aparece co Neno no brazo esquerdo e cunha escaleira branca na man dereita. Está metida dentro dun medallón dourado rodeado por un rombo azul e outro vermello que leva os símbolos dos 4 evanxelistas. Rodeando os rombos hai unha forma lobulada de cor vermella.
|
Iconografia |
Icona: Nacemento de Xesús; Arcanxo San Miguel; Virxe da silveira ardente; San Demetrio de Tesalónica; San Bonifacio de Roma (Bonifacio de Tarso), o Mártir; San Miguel; Santo
|
Inscripciones/Leyendas |
Cara anterior, preto das escenas, Pintado a man alzada (1850[ca]) Cara posterior, Pintado a man alzada Non lexible [A lápiz] Cara posterior, Etiqueta pegada [Dúas etiquetas de papel cruzadas, cun selo, un número e unha firma]
|
Datación |
1850[ca] (Mediados do s. XIX)
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Rusia (Europa Central e Oriental, Europa)
|
Uso/función |
Devocional
|
Descriptores Geográficos |
Rusia
|
Clasificación Razonada |
As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.).
|
Forma de Ingreso |
Depósito
|
Fecha de Ingreso |
28/10/2013
|
Catalogación |
Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
|