Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1024
Clasificación Genérica Estampación; Obxectos de Arte
Objeto/Documento Gravado
Autor/a Seghers, Gerardus (Lugar de nacimiento: Amberes (Antwuerp), 1591 - Fecha de defunción: 1651)
Título S. Paulus
Conjunto Apostolado de Seghers
Materia/Soporte Gravado: Tinta de impresión Negro
Soporte: Papel de impresión Branco
Técnica Calcografía
Dimensiones Altura = 12,50 cm2; Anchura = 9 cm
Descripción Sobre un fondo neutro represéntase, de medio corpo ao apóstolo Paulo. Xirado cara a dereita do espectador e coa cabeza volta para o fronte represéntase vestido con túnica sobre a que luce un manto que forma amplas e acartonadas plegas. Coa man dereita terma do libro mentras que coa esquerda sostén, pola empluñadura, unha espada coa folla cara arriba, distintivo da súa personalidade apostólica. A cabeza descuberta e cun tratamento detallado de pelo e barba. Sobre a cabeza un halo. Na parte inferior o texto S. PAVLVS.
Iconografia San Paulo
Inscripciones/Leyendas Parte inferior
S. PAVLVS
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Amberes (Antwuerp) (Amberes (provincia), Flandes)
Uso/función Devocional
Fechas Referencia 1630-1650
Clasificación Razonada Forma parte dun conxunto de 13 gravados representando cada un deles a: 1/ Salvator Mundi. 2/ S. Petrus. 3 /S. Paulus. 4/ S. Iacobus Maior. 5/ S. Ioannes. 6/ S. Philippus. 7/ S. Bartholomaeus. 8/ S. Mattaeus. 9/ S. Thomas. 10/ S. Matthias. 11/ S. Thadaeus. 12/ S. Iacobus Minor. 13/ S. Simon.

Aínda que case todas as láminas aparecen moi recortadas no seu bordo inferior, á altura das inscrición onde constan os créditos (nome do debuxante ou pintor e do gravador), albíscase en case todas elas trazos de presentaren os mesmos textos. É por isto, xuntamente co estilo e técnica empregados, é polo que se pode facilmente deducir a pertenza das trece ilustracións á mesma serie. As trece láminas presentan así mesmo no centro do bordo inferior e en letra capital, o nome do apóstolo representado na imaxe. A serie inclúe ao Salvador como "SALVATOR MUNDI".

Atendendo á autoría, esta débese a Gerardus Seghers, tal e como pode verse nas láminas de S. Iacobus Maior, S. Tadeus e S. Petrus; nesta última mesmo pódese ver que habería unha segunda liña debaixo desta primeira parte da inscrición, pero que é imposible poder ler.

Gerardus Seghers (Anveres 1591 - Mare, 1651), é un pintor flamengo da época barroca; considerado como un dos máis importantes "caravaggistas", facéndose seguidor deste pintor italiano despois da súa viaxe a Italia en 1613. A súa pintura reflicte dende entón a utilización dunha forte iluminación dramática producindo intensos contrastes pictóricos. Desta época é a súa obra "Judith coa cabeza de Holofernes" (Galleria Nazionale de Artes Antica de Roma). Viaxa a España e traballa para Filipe III e despois volve traballar aAnveres. De volta a esa cidade desenvolve dous estilos diferentes, nun primeiro momento reflicte a nomeada influencia de Caravaggio para posteriormente evolucionar cara a un estilo máis moderado no que predomina unha utilización máis homoxénea da luz, a composición en escenarios esquecendo o emprego dos anteriores fondos neutros e realizando un trazado máis realista dos rostros. A esta segunda etapa pertencería esta serie do apostolado. Martin Van der Enden I (1606-1654) é un dos máis salientables editores europeos deste século. Traballa en Anveres e edita obras de importantes gravadores e pintores da época. Está activo entre 1630 e 1654.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 14/04/2010
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6