Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 597
Clasificación Genérica Pintura; Obxectos devocionais
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Anónimo
Escola salmantina
Título Santiago Matamouros na batalla de Clavixo
Materia/Soporte Pintura ao óleo
Lenzo
Madeira
Técnica Óleo sobre lenzo
Dimensiones Profundidade = 9 cm; Alto máx = 106 cm; Ancho máx = 219 cm
Descripción Nun formato que se podería denominar como panorámico, aparecen diferenciados os tres compoñentes esenciais da batalla representada. Á esquerda do espectador, varios xinetes con indumentarias interpretables como mouras, representan ao exército musulmán que fuxe a todo correr do campo de batalla; na parte da dereita, os soldados integrantes do exército cristián, identificables tamén polo vestiario, sosteñen unha carreira perseguindo dacabalo aos anteriores; no centro, ocupando o espazo máis salientable da narración, aparece o Apóstolo con indumentaria militar, sobre un cabalo branco (o único desa cor na representación), perseguindo moi de preto aos soldados mouros. Santiago, con armadura e helmo con plumas e vieira na parte frontal, alza a espada coa dereita e porta coa esquerda, dun xeito inverosímil, o estandarte coa cruz da Orde de Cabalería. A posición horizontal de la vaíña así como a capa levada polo vento, acentúan o movemento da escena e o vigor do xinete apostólico. O fondo da representación, pouco estudado e bastante ideal, mostra o campo de batalla cunha paisaxe vexetal de arborado e o ceo, que parece reproducir o efecto estragado da batalla, completa la composición.
Iconografia Santiago na Batalla de Clavixo; Santiago Matamouros
Datación 1734=1766 (Segundo tercio S. XVIII)
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Salamanca (Castela e León, España)
Uso/función Decorativo / devocional
Lugar de Procedencia Salamanca (m)
Lugar Específico/Yacimiento Museo de Salamanca
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: -Luces de peregrinación. Museo Arqueolóxico Nacional, Madrid, do 23 de decembro de 2003 ao 14 de marzo de 2004. - Luces de peregrinación. Mosteiro de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela, do 7 abril ao 23 maio 2004.- Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada A condición de "miles Christi", que se ven tomando como a representación da dimensión política de Santiago o Maior (aínda que non exclusiva do Apóstolo) nace tamén neses momentos da Idade Media e terá unha amplísima repercusión, tanto dentro da península Ibérica como, logo do descubrimento e conquista de América, nos territorios do novo continente. Como antecedentes para este tipo de representación de Santiago como cabaliero, á parte da influencia da igrexa oriental e o seu gosto por santos guerreiros, figuran os distintos relatos das diversas victorias militares conseguidas sobre o Islam e as narraciones milagrosas nas que Santiago aparece asociado á figura do cabalo. A debatida condición de padroado sobre o rei e sobre o reino astur e asturleonés favorecerá o papel guerreiro atribuído ao Apóstolo como defensor dos reinos cristianos en contra dos infieis musulmáns e, una vez concluída a cruzada hispana, contra os infieles indíxenas americanos (indios), nas operacións de conquista e colonización dos novos territorios incorporados á coroa.
A aparición de Santiago na lendaria batalla de Clavixo dará pé á la igrexia compostelá para esixir o Voto de Santiago a amplos e arredados territorios peninsulares. O privilexio de Ramiro I sobre o Voto (datado no ano 834), pretende xustificar documentalmente unha importante renda cobrada pola igrexia de Santiago que non contaba con respaldo real nin legal suficiente. O cóengo e cardeal compostelán, Pedro Marcio, é considerado como o autor da falsificación do citado documento (segundo tercio do século XII) que terá, non obstante, unha importancia capital á hora de potenciar e difundir a iconografía de Santiago como cabalero.
Bibliografía PÉREZ OUTEIRIÑO, Bieito. Santiago Mata-Mouros [ Escola de Salamanca]. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. I, p.p. 260-[263].

SILVA HERMO, Manuel. Santiago Matamouros na batalla de Clavixo. Luces de Peregrinación: [exposición]: Museo Arqueológico Nacional Madrid, 19 decembro 2003 - 14 marzo 2004. Museo Diocesano, Mosteiro de San Martiño Pinario, Santiago de Compostela, 7 abril - 23 maio 2004, edición dirixida por José Manuel García Iglesias. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2003. pp. 454-455.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/04/1975[ca]
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |

Foto: Xenaro Martínez Castro

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6